martes, 7 de xaneiro de 2014

O 2013 en filmes: Paz Hermo



Pregúntome se os directores se mandan un guasap ou algo á hora de decidir "vou facer unha peli". Vaia coincidencia: neste ano hai algunhas pelis que tocan o tema dos escravos nos Estados Unidos. Creo que levaba moito tempo sen escoitar tan seguido a palabra "negro" como nas tres que vin. Delas, quedo con 12 anos de escravitude de McQueen. Porque a de Tarantino co seu Django desencadenado (con d muda), entretida, con anacronismos e chiscadelas, gustoume ata a metade máis ou menos e despois era un empacho de Tan-To-Ta-Ran-Ti-No entarantinado.

Vin algunhas no CGAI, non me atrevo a poñelas como "favoritas", mais me desconcertaron, ou sorprenderon, me mantiveron interesada. Saír do cine e volver á película...

Costa da Morte (Lois Patiño, 2013)
O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser (Alberto Gracia, 2013)
Holy motors (Leos Carax, 2012)
People's Park (Sniadecki & Libbie D. Cohn, 2012)
No camiño, de cando en vez, vislumbrei breves momentos de beleza (Jonas Mekas, 2000), tan longa coma o título, onde nada pasa, máis que a vida.

Pero estas últimas xa non son do 2013 aínda que eu as vise este ano (ou iso creo, co rápido que lisca un ano!) Pasa o mesmo coas que vin no Forum, algunha delas excepcionais, pero como estamos coas do 2013, non embrollo máis.

Imos co top ten, contando que vin poucas películas e que algunhas non me gustaron. Deixo a listaxe das que si (por h ou por b), bastante convencional, supoño. Vai sen orde de preferencia:

12 anos de escravitude (Steve Mcqueen, 2013)
Blue Jasmine (Woody Allen, 2013)
Don Jon (Joseph Gordon-Levitt, 2013)
Stoker (Park Chan-Wook)
La gran belleza (Paolo Sorrentino)
Tabú (Miguel Gomes)
El desconocido del lago (Alain Guiraudie, 2013)
The act of killing (Joshua Oppenheimer, Anónimo e Christine Cynn, 2012)
Blue Valentine (Derek Cianfrance, 2010)
In another country (Hong Sang-soo, 2012)

Deixando á parte The act of killing, incalificable, ningunha chegaría a un 8 meu :) Boa volta ao traballo e moito cine!

Paz Hermo - Filmoteca Fórum

Ningún comentario:

Publicar un comentario