mércores, 8 de xaneiro de 2014

O 2013 en filmes: Dolores Suárez



Quero dicir que só a memoria é o meu referente na confección desta listaxe:

La vida de Adèle (Abdellatif Kechiche, 2013). Pola extraordinaria e arriscada labor de dirección e interpretación. Adèle Exarchopoulos é sensual incluso con mocos.
Post Tenebras Lux (Carlos Reygadas, 2012) Misteriosa e máxica.
Viola (Matías Piñeiro) Brillante xogo entre cine e literatura. E Matías bo rapaz
Just Ancient Loops (Bill Morrison, 2013) Hipnótica. O chelo de Maya Beiser abraza o movevemento das imaxes (grazas Malu por lembralo)
A mae e o mar (Gonçalo Tocha, 2013). Labor de investigación coa inconfundible mirada do director. E nos longos paseos por Vila do Conde nos tamén investigamos... e descubrimos que en tempos non moi lonxanos as mulleres casadas pechaban o cuarto do matrimonio cando o home andaba no mar por un tempo. A cal e canto, e non se abría até a volta!
Costa da Morte (Lois Patiño, 2013). Polos longos e marabillosos planos suspendidos... as tonalidades de azul do noso mar... a forza dos percebeiros abrazados ás rochas... a humanización do territorio (vida e traballo). Pola néboa sempre presente e calada... a fraxilidade dun solitario barco pesqueiro nun mar infinito... Polas historias e lendas, verdades e mentiras... que nos contan os seus habitantes.
People's Park (J. P. Sniadecki, Libbie D. Cohn, 2012). Fascinante microcosmos!
El hombre de Londres (Bela Tarr, 2007). Inquietante!
Voci nel tempo (Franco Piavoli, 1996). Sen dúbida o meu filme favorito do taller. O rexistro do paso da vida con exquisita sensibilidade.

Isto é todo polo de agora. Bon ano de cine, amizade, risas e o que toque!

Dolores Suárez - Filmoteca Fórum

Ningún comentario:

Publicar un comentario