mércores, 3 de setembro de 2014

Inscrición no taller do Fórum de outono

Taller: FILMOTECA FÓRUM
Día e hora: xoves de 18:30 a 20:00h. 

Responsábel: Martin Pawley 
Descrición: Unha aproximación ao mellor cinema de onte e de hoxe, con especial atención aos autores e xéneros que non chegan ás salas comerciais. Valoraremos, comentaremos e falaremos da programación das nosas salas, desde todos os puntos de vista: ademais de repasar as noticias de actualidade e os festivais de cinema máis importantes trataremos os debates que se están producindo no ámbito da produción e distribución cinematográfica.

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS TALLERES DO PROGRAMA DE LECER

PREINSCRICIÓN:
Os días 8, 9 e 10 de setembro na conserxería do Forum de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h. Cada solicitante poderá anotar até catro talleres na ficha, tendo en conta que na adxudicación se respectará a orde fixada polo solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez se realice o sorteo. Cada solicitante recibirá un número que servirá para o sorteo.

SORTEO PÚBLICO:
Xoves 11 de setembro, ás 10:00 h. na conserxería do Forum.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
As listaxes dos talleres adxudicados publicaranse o luns 15 de setembro a partir das 9:00 h, no Forum, nas distintas webs municipais de Cultura e no servizo telefónico 010. A partir do número extraído no sorteo asignaranse as prazas en cada taller, asignando ao maior número de persoas polo menos un taller. Adxudicaranse un máximo de dous talleres por persoa.

INSCRICIÓN:
Os días 15, 16 e 17 de setembro na conserjería do Forum de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h. Para formalizar a inscrición será necesario aboar en efectivo o importe do taller correspondente. As prazas adxudicadas só poderán ser ocupadas polos agraciados no sorteo. As prazas non aboadas durante estes días adxudicaranse ás persoas en lista de espera.

LISTAXE DE ESPERA E PRAZAS VACANTES:
As persoas en lista de espera dun taller terán preferencia en ocupar as prazas non aboadas do mesmo, sendo adxudicadas por orde do sorteo con preferencia para os que non obtivesen ningunha praza. Os días 18 e 19 de setembro porémonos en contacto vía telefónica só con aquelas persoas que estean en listaxe de espera para saber se continúan interesadas en inscribirse nos talleres solicitados. Terán que formalizar a inscrición, aboando a mesma, os días 22 e 23 de setembro. A partir do 24 de setembro e despois deste proceso, o resto de prazas vacantes poderán ser ocupadas polo público en xeral inscribíndose e aboando as mesmas por orde de chegada nos horarios indicados anteriormente.

COTA DE INSCRICIÓN:
30€ por taller (maiores de 65 anos, 15€).

INICIO DOS TALLERES:
A partir do 29 de setembro, no día e hora que correspondan a cada taller. Os talleres só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario