luns, 6 de xaneiro de 2014

O 2013 en filmes: Uxía Villarino

Aí van algúns dos títulos que vin no 2013. Vaia por diante que todo o que vin no taller me gustou e foi moi interesante. Pero non lembro algûns títulos nin os autores, aínda que si a temática.



Monos como Becky de Joaquim Jordå (1999): achegamento profundo e respectuoso aos protagonistas internos dun psiquiátrico dos que brillantemente sabe amosar a súa dignidade persoal. Traballo difícil de realizar para o que se necesita vontade, tempo e intelixencia. E no que se aprecia máis interese polos protagonistas que polo ego do director.
A vida de Adèle de Abdellatif Kechiche (2013): paixón, amor e desamor; e con este, o atroz e desequilibrante sufrimento co que conseguiu emocionarme. Tamén posúe o valor de escenas novidosas e arriscadas.
Rafa, curta de João Salaviza (2012). A responsabilidade e o amor polos seus ė o que cautiva na dura vida deste adolescente nun contorno familiar depauperado, desaqueloutrado e marxinal. Mundos moi reais que non parecen contar nas nosas sociedades.
People's Park de J. P. Sniadecki e Libbie D. Cohn (2012). Rutilante e festiva (malia o torturante, atronador e case constante ruído) maneira de coñecer a vida dunha cidade singular, Chengdu, a través das variadas e múltiples personaxes/persoas que poboan un parque, espazo común, vía de escape chea de Vida. Rompe o esterotipo que podemos ter sobre China.
O que arde cura de João Rui Guerra da Mata (2012). Fermoso símil entre o incendio da Baixa lisboeta e a extinción dun amor.
A cicatriz branca de Margarita Ledo (2012). Austera mirada sobre a inmmigración galega feminina na Arxentina e referencias ao exilio.
Voci nel tempo de Franco Piavoli (1996). Lírica narración, sen case palabras, das diferentes etapas da vida das persoas nun contorno concreto (pero con valor universal) que van cambiando ao par coas estacións. E ao final do inverno, os nenos reaparecen. Un novo ciclo recomeza.
Holy Motors de Leos Carax (2012). Orixinal e delirante collage dos traballos diarios de moitas vidas nun único personaxe.
E agora? Lémbra-me de Joaquim Pinto (2012). Descarnada, sincera. Testamento do autor e testemuña dunha época.
Los ilusos de Jonås Trueba.(2013). Contemporánea. Lindas as imaxes da cidade, tanto exteriores como interiores: guiño ao cine clåsico. Xente nova tratando de iniciar a vida adulta.
O quinto evanxeo de Gaspar Hauser de Alberto Gracia (2013). Conxunción poderosa de imaxes e son, pese a desconcertar nun principio; bueno, e a seguir desconcertando.
Fóra de Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas (2012). Valor da documentación e da memoria.
El muerto y ser feliz de Javier Rebollo (2012). José Sacristån permanece na retina, solitario e feliz, ao longo das estradas.
O Gebo e a sombra de Manoel de Oliveira (2013). Sobria. A liña entre o ben e o mal é moi feble.
Le Havre de Aki Kaurismäki (2011). Tenra metåfora dun conto feliz protagonizado pola clase que non adoita ser protagonista. O que podería ser, pero non é.
Caravaggio de Derek Jarman (1986). Barroca, potente, sanamente irreverente.
Amour de Michael Haneke (2012). A sempre difícil etapa final da vida.
A religiosa portuguesa de Eugène Green (2009). Delicada, sosegada e acariñadora no emprego da lingua

Bueno. Vou cansa. Seguro que hai máis, pero saíron estas, aínda que poderían ter sido outras. Isto das listaxes sempre é relativo igual que os premios.

De Gravity encantáronme as imaxes; non así os diálogos que me pareceron ñoños e non cribles. De Costa da Morte gustáronme moito as imaxes e o son. Pero algo chirría; creo que non tratou en profundidade os personaxes, dando lugar a poder cuestionarse se aparecen dignos ou risorios. A visión que nos då da Costa da Morte é idílica e polo tanto irreal. Semella publicidade turística de calidade. Bótase en falta unha mirada crítica.

Gustaríame ter visto a triloxía de Ulrich Seidl, Montaña en sombra de Lois Patiño, The act of killing, A mae e o mar de Gonçalo Tocha, Centro histórico, Post Tenebras Lux...

Uxía Villarino - Filmoteca Fórum

Ningún comentario:

Publicar un comentario