domingo, 29 de decembro de 2013

O 2013 en filmes: Luz Lugrís

Non cabe dúbida, pola miña listaxe de películas, que o 2013 foi para min un ano moi cinéfilo. Vin moito e moito me gustou o que vin, polo que tiven que reducir o número de títulos para non pasarme moito das vinte suxeridas. A lista empeza por orde de proxeción, logo vai ao tun-tun:



El muerto y ser feliz de Javier Rebollo, 2012 (melancólica)
Post Tenebras Lux de Carlos Reygadas, 2012 (enigmática)
Holy Motors de Leos Carax, 2012 (delirante)
The Deep Blue Sea de Terence Davies, 2011 (fermosa, delicada e romántica)
El desencanto de Jaime Chávarri, 1976. Nunca tivera oportunidade de vela ata este ano (por TV) e foi todo un descubrimento. Sorprendeume o reality da familia Panero e as súas diferenzas.
Ashes of time Redux (1994) + Chungking Express + Happy together (1997) de Wong Kar-wai. O cinema oriental atrápame pola fermosura dos planos e Wong Kar –Wai polo xeito en que emprega a música para resaltar a historia.
Una pistola en cada mano de Cesc Gay, 2012 (divertida)
En otro país de Hong Sang Soo, 2012 (moi novidosa)
The act of killing de Joshua Oppenheimer, Anónimo e Christine Cynn, 2012 (atroz, espeluznante, poucas veces saín dunha sala tan desacougada)
People's Park de J. P. Sniadecki & Libbie D. Cohn, 2012. Unha pelicula diferente e con planos fermosos. A presenza de J.P. respondendo a unha sala repleta todas as inquedanzas sobre a rodaxe foi fantástica. J.P un tipo moi encantador que nos deixou encantados.
Keep the lights on de Ira Sachs, 2012 (encántanme as películas que falan de sentimentos e de amor entre persoas, sexan do mesmo ou diferente sexo)
Um filme falado de Manoel de Oliveira, 2000 (un fermoso percorrido pola historia da cultura ibérica)
Centro histórico de Pedro Costa, Manoel de Oliveira, Víctor Erice, Aki Kaurismäki, 2012 (foi un pracer volver a reencontrarse con Erice sen desmerecer ao resto)
Reconversão de Thom Andersen, 2012 (magnífica lección de arquitectura para profanos)
The return de Andrey Zvyagintsev, 2003 (inquietante)
Stemple Pass de James Benning, 2012 (dez persoas nunha sala, marchan tres. Tan diferente ao visto que teño pena de que vos perdérades a experiencia dunha película con catro planos case idénticos e un magnífico texto)
Paraíso: Amor de Ulrich Seidl, 2012 (película incómoda de ver pero moi valente, para min)
Paraíso: Fe de Ulrich Seidl, 2012 (este paraíso coma o anterior, triste, incómodo...)
Powers of ten de Charles e Ray Eames, 1977 (encantoume esta curta sobre os límites do universo)
Paisaje-Duración de Lois Patiño, 2010
Costa da Morte de Lois Patiño, 2013. Disfrutei con esta película polos fermosos planos, polo delicada e poética que é e por recoñecerme na idiosincrasia dos personaxes. Agrada moito unha sala ata a bandeira, un público entregado e un director disposto a dar cumplida satisfación a todas as preguntas.
Terra de silencio e escuridade de Werner Herzog, 1971 (descubrir realidades tan difíciles de vivir e sobrelevar son toda unha lección de vida)
Alvorada vermelha de João Rui Guerra da Mata e João Pedro Rodrigues, 2011 (para os que somos de mar e peixe esta curta resulta fascinante)
O quinto evanxeo de Gaspar Hauser de Alberto Gracia, 2013. Por facerme volver non aos 17 senón aos 20, cando ía á sala Valle Inclán para ver películas de arte e ensaio e non entendía nadiña. Menos mal que con esta tiven a oportunidade de coñecer o seu director que axudou a que entendera a súa proposta. Un tipo singular que me provocou tenrura.

Luz Lugrís - Filmoteca Fórum

Ningún comentario:

Publicar un comentario