martes, 10 de setembro de 2019

Programa de lecer de outono de 2019

Centro Ágora: Cinema dos Estados Unidos, 1893-1945.
Martin Pawley. Martes de 19:00 a 20:30

A industria do cinema dos EEUU foi, e segue a ser, a máis poderosa do mundo. Neste obradoiro repasaremos o seu primeiro medio século de vida: as súas orixes, o nacemento de Hollywood, os grandes fitos do cinema mudo americano, a difícil transición ao sonoro, a década dourada dos 30 e o impacto da II Guerra Mundial. Ademais, valoraremos a programación das salas da cidade e daremos conta das novas de actualidade máis importantes.

Picar aquí para obter información sobre a inscrición.


Fórum Metropolitano: Cinemas dos 40 e 50.
Martin Pawley. Xoves de 18:30 a 20:00.

Co final da II Guerra Mundial o mundo comeza un tempo novo. A chegada da TV aos fogares transforma a industria do espectáculo mentres proliferan os festivais de cinema que se abren a outras miradas. En Hollywood conviven as superproducións e os rexistros máis intimistas; no resto do planeta, danse a coñecer excepcionais cineastas na Europa ferida pola guerra, no Xapón, na India, na América Latina. Uns fascinantes anos de cambios que analizaremos neste obradoiro no que tamén haberá oportunidade de comentar a programación das salas da Coruña.

Picar aquí para obter información sobre a inscrición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario