venres, 18 de xaneiro de 2019

Programa de lecer de primavera 2019

Centro Ágora: Cinemas de Asia.
Martin Pawley. ATENCIÓN! Martes de 19:00 a 20:30

O continente máis extenso e poboado do planeta acolle tamén unha espectacular riqueza fílmica, desde os mestres xaponeses -Mizoguchi, Ozu, Kurosawa- e indios -Ray, Ghatak- a figuras esenciais do cinema moderno como Abbas Kiarostami e revelacións como o filipino Lino Brocka. O obradoiro repasará os nomes esenciais deste vasto territorio.

Picar aquí para obter información sobre a inscrición.



Fórum Metropolitano: Máis mulleres cineastas.
Martin Pawley. Xoves de 18:30 a 20:00.

Desde que o cinema existe houbo mulleres detrás das cámaras. Neste obradoiro seguiremos analizando a obra de directoras esenciais que coa súa creatividade fixeron medrar a diversidade e a calidade do cinema. Ademais, valoraremos a programación das nosas salas e daremos conta das novas de actualidade máis importantes.

Picar aquí para obter información sobre a inscrición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario