xoves, 7 de xaneiro de 2016

Programa de ocio da primavera de 2016 no Fórum e Ágora


No Centro Ágora: MÁIS CINEASTAS ESENCIAIS
Mércores, de 19.00 a 20.30 h
Responsábel: Martin Pawley
O cinema cumpre 120 anos e celebrámolo analizando algúns dos creadores e creadoras que se converteron en referencia esencial desta arte. A vida e a obra de grandes cineastas ocupará de maneira monográfica cada sesión. Nomes lendarios coma Ozu, Pasolini ou Mizoguchi mais tamén autores en activo coma Werner Herzog, Tsai Ming-Liang ou Agnes Varda, entre outros, serán obxecto de atención nun obradoiro en que ademais seguiremos repasando a programación das salas de cinema da nosa cidade e a actualidade dos festivais de cinema máis importantes.

Ver información sobre procedemento e prazos de inscrición no Centro Ágora.

No Fórum Metropolitano: FILMOTECA FÓRUM
Xoves, de 18.30 a 20.00 h.
Responsábel: Martin Pawley
Unha aproximación ao mellor cine de onte e de hoxe, con especial atención aos autores e xéneros que non chegan ás salas comerciais. Valoraremos, comentaremos e falaremos da programación das nosas salas, desde todos os puntos de vista: ademais de repasar as novas de actualidade e os festivais de cine máis importantes, tocaremos os debates que se están xerando no eido da produción e distribución cinematográfica.

Ver información sobre procedemento e prazos de inscrición no Fórum Metropolitano.

Ningún comentario:

Publicar un comentario