luns, 4 de xaneiro de 2016

O 2015 en filmes: Luz Lugrís

A orde é de visionado cronolóxico non de preferencia:

Jauja (Lisandro Alonso, 2014): enigmática, misteriosa.

Saraband (Ingmar Bergman, 2003): repaso ás miserias que esconden as historias familiares, o paso do tempo, a soidade...

El color que cayó del cielo (Sergio Wolf, 2014): película que amosa a paixón e entrega coa que algúns se entregan a causas que para a inmensa maioría son de nulo interés.

Leviatán (Andrey Zvyagintsev, 2014): as tres películas que vin deste director son maxistrais.

Phoenix (Christian Petzold, 2014)

Policía en Israel (Nadav Lapid, 2011) + La profesora de parvulario (Nadav Lapid, 2014): interesante a habilidade deste director para presentar o poliédrica que é calquera situación ou problema, nada é plano.

Antes del anochecer (Richard Linklater, 2013) foi a primeira película que vin deste director. Marabilláronme eses longuísimos planos-secuencia cuns diálogos tan brillantes, así que me faltou tempo para ver as dúas anteriores.

Antes del amanecer (Richard Linklater, 1995): deliciosa e nostálxicos recordos de xuventude.

Antes del atardecer (Richard Linklater, 2004): gozoso reencontro e novamente brillantes diálogos e momentos inolvidables como cando suben ao piso dela e acompañada dunha guitarra lle canta unha canción na que a letra expresa ás claras os seus sentimentos.

Bernie (Richard Linklater, 2011): non cabe duda que me encanta este director así como o actor que encarna a Bernie, Jack Black, nesta comedia negra.

The Grandmaster (Wong Kar-Wai, 2013): é un director que me rechifla, película tan elegante e fermosa que atrapa.

In the mood for love (Wong Kar-Wai, 2000): visualmente prodixiosa, a utilización da música exquisita acompañando os movementos dos personaxes.

La mirada del silencio (Joshua Oppenheimer, 2014): descorazonador testimonio de que as vñitimas e  supervivintes de represións políticas xamais son reparadas do seu sufrimento, pola contra seguen a vivir con medo.

Memoria oculta (Eva Villaseñor, 2014): relato dun momento doloroso do que a directora non ten recordo e quere recuperar coa axuda dunha amiga, do irmán e da nai. Sorprende o xeito en que os os tres parecen estar acorralados, sen escapatoria, nun triángulo, nun círculo e nun paralelepípedo respectivamente así como que do irmán non mostra o seu rostro como querendo preservalo por ter el tamén unha personalidade complicada.

Navajazo (Ricardo Silva, 2014): durísima historia de personas que loitan por sobrevivir no inferno.

El corral y el viento (Miguel Hilari, 2014): outra durísima historia a destas personas condenadas a vivivr existencias miserables sen outra compañía ca dos animais que coidan e o vento.

Luz Lugrís

Ningún comentario:

Publicar un comentario