martes, 20 de xaneiro de 2015

Programa de ocio de primavera no Fórum e Ágora: información completa

FILMOTECA FÓRUM
Lugar: Fórum Metropolitano
Día e hora: xoves de 18:30 a 20:00 h
Duración: de febreiro a maio
Responsábel: Martin Pawley
Descrición: Unha aproximación ao mellor cinema de onte e de hoxe, con especial atención aos autores e xéneros que non chegan ás salas comerciais. Valoraremos, comentaremos e falaremos da programación das nosas salas, desde todos os puntos de vista, ademais de repasar as noticias de actualidade, os festivais de cinema máis importantes, e os debates que se están producindo no ámbito da produción e distribución cinematográfica. Cada sesión terá un carácter monográfico sobre un aspecto do cinema determinado, sexa histórico, técnico ou estético, que decidiremos en función das propostas dos participantes.

Información completa do programa de primavera no Fórum.

O ANO QUE O CINEMA NOS CATIVOU
Lugar: Centro Ágora
Día e hora: mércores de 19:00 a 20:30 h
Duración: de febreiro a maio
Responsábel: Martin Pawley
Descrición: O cinema cumpre 120 anos e celebrámolo explorando algúns dos seus grandes fitos. Percorreremos as súas doce décadas de historia tomando como referencia en cada sesión un ano concreto para analizar os grandes fitos cinematográficos dese período e as súas transformacións artísticas, en conexión cos acontecementos sociais e culturais do seu tempo. Ademais, seguiremos repasando a programación das salas de cinema da nosa cidade e a actualidade dos festivais de cinema máis importantes.

Información completa do programa de primavera no Ágora.

Procedemento:

Venres 23 e sábado 24 de xaneiro: preinscrición na conserxería do Fórum/Ágora, segundo os casos, en horario de 9 a 14 e de 16 a 20h, ou por correo electrónico forumocio@coruna.es adxuntando a "Solicitude de preinscrición" cuberta (IMPORTANTE: unha vez cubertos os datos, arquive a solicitude no ordenador antes de enviala). Nota: o documento para solicitar a preinscrición pode descargarse aquí: Fórum / Ágora.

Luns 26 de xaneiro ás 10h: sorteo, na conserxería do Fórum/Ágora.

Martes 27 de xaneiro: publicación das listaxes de admitidos por talleres.

Martes 27 e mércores 28 de xaneiro: inscrición e pagamento da matrícula na conserxería do Fórum/Ágora (30€ por taller; maiores de 65 anos, 21€).

Xoves 29 e venres 30: chamarase ás persoas en listaxe de espera.

Xoves 29 a sábado 31: formalización da inscrición das persoas en listaxe de espera que sexan finalmente admitidas.

A partir do 2 de febreiro: inscrición libre nos talleres con prazas vacantes.

Inicio dos talleres e clubes: a partir do luns 2 de febreiro, na día da semana que corresponda a cada un.

Ningún comentario:

Publicar un comentario