xoves, 5 de setembro de 2013

Aberta a convocatoria de talleres de ocio no Fórum Metropolitano e Centro Ágora


FILMOTECA FÓRUM
Xoves de 18:30 a 20:00, Fórum Metropolitano

DÍAS DE CINE
Luns de 19:00 a 20:30, Centro Ágora

Responsable: Martin Pawley

Descrición: Unha aproximación ao mellor cinema de onte e de hoxe, con especial atención aos autores e xéneros que non chegan ás salas comerciais. Valoraremos, comentaremos e falaremos da programación das salas coruñesas, desde todos os puntos de vista: directores, actores, técnica, etc. Repasaremos as noticias de actualidade, o que sucede nos festivais de cinema máis importantes e tocaremos os debates que se están producindo no ámbito da produción e distribución cinematográfica.

PREINSCRICIÓN: Os días 9, 10 e 11 de setembro na conserxaría do Fórum Metropolitano e do Centro Ágora, segundo os casos, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Cada solicitante poderá anotar até catro talleres na ficha, téndose en conta na adxudicación que se respectará a orde fixada polo solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez se realice o sorteo. Cada solicitante recibirá un número que servirá para o sorteo.

SORTEO PÚBLICO: Venres 13 de setembro, ás 10:00 na conserxaría do Forum Metropolitano e no Centro Ágora.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: As listaxes dos talleres adxudicados publicásense o luns 16 de setembro a partir das 9:00 no Forum Metropolitano e no Centro Ágora (segundo os casos) e no servizo telefónico 010. A partir do número extraido no sorteo asignaranse as prazas en cada taller, asignando ao maior número de persoas, polo menos, un taller. Adxudicaranse un máximo de dous talleres por persoa.

INSCRICIÓN: Os días 16, 17, 18 e 19 de setembro na conserxaría do Fórum Metropolitano e do Centro Ágora de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Para formalizar a inscrición será necesario abonar en efectivo o importe do taller correspondente. As prazas adxudicadas só poderán ser ocupadas polos agraciados no sorteo. As prazas non abonadas durante estes días adxudicásense ás persoas en lista de espera.

LISTA DE ESPERA E PRAZAS VACANTES: As persoas en lista de espera terán preferencia en ocupar as prazas non abonadas no taller correspondente, sendo adxudicadas por orde de inscrición. A partir do 20 de setembro porémonos en contacto vía telefónica só con aquelas persoas que estean en lista de espera para saber se continúan interesadas en inscribirse nos talleres solicitados. Terán até o 24 de setembro para formalizar a inscrición. A partir do 25 de setembro e despois deste proceso, o resto de prazas vacantes poderán ser ocupadas polo público en xeral.

COTA DE INSCRICIÓN: 30€ por taller (maiores de 65, 15€).

INICIO DOS TALLERES: A partir do 30 de setembro, no día e hora que correspondan a cada taller. Os talleres só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario