A miña listaxe só segue unha orde de preferencia no primeiro posto, xa que Nostalgia de la luz foi o mellor filme que vin este ano. Procurei que foran dos vistos en salas ou no taller, xa que, en xeral, os que vin na casa foron ¨clásicos¨ ou producidos fai máis anos. (Aínda que non me puiden resistir a incluír Amarcord e La noire de..., que están máis lonxe no tempo pero que foron un descubrimento importante do meu 2012). Un saúdo e bo ano 2013!
Ningún comentario:
Publicar un comentario