venres, 18 de xaneiro de 2019

Programa de lecer de primavera 2019

Centro Ágora: Cinemas de Asia.
Martin Pawley. ATENCIÓN! Martes de 19:00 a 20:30

O continente máis extenso e poboado do planeta acolle tamén unha espectacular riqueza fílmica, desde os mestres xaponeses -Mizoguchi, Ozu, Kurosawa- e indios -Ray, Ghatak- a figuras esenciais do cinema moderno como Abbas Kiarostami e revelacións como o filipino Lino Brocka. O obradoiro repasará os nomes esenciais deste vasto territorio.

Picar aquí para obter información sobre a inscrición.



Fórum Metropolitano: Máis mulleres cineastas.
Martin Pawley. Xoves de 18:30 a 20:00.

Desde que o cinema existe houbo mulleres detrás das cámaras. Neste obradoiro seguiremos analizando a obra de directoras esenciais que coa súa creatividade fixeron medrar a diversidade e a calidade do cinema. Ademais, valoraremos a programación das nosas salas e daremos conta das novas de actualidade máis importantes.

Picar aquí para obter información sobre a inscrición.

luns, 7 de xaneiro de 2019

Programación de xaneiro de 2019 do Fórum Metropolitano

Sala Marilyn Monroe: Estreas en V.O.

Xoves 10, venres 11 e sábado 12: Lucky (John Carroll Lynch, 2017). 88 minutos. Proxección en Blu-ray.

Xoves 17, venres 18 e sábado 19: Happy End (Michael Haneke, 2017). 110 minutos. Proxección en Blu-ray.

Xoves 24, venres 25 e sábado 26: La revolución silenciosa (Lars Kraume, 2018). 116 minutos. Proxección en Blu-ray.

Xoves 31, venres 1 e sábado 2: El Cairo Confidencial (Tarik Saleh, 2017). 111 minutos. Proxección en Blu-ray.

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15, sábado 17:15 e 20:15.

Sala Fernando Rey: Bernardo Bertolucci

Xoves 10, venres 11 e sábado 12: Asediada (Bernardo Bertolucci, 1998). 93 minutos. Proxección en 35 mm.

Xoves 17, venres 18 e sábado 19: El cielo protector (Bernardo Bertolucci, 1990). 138 minutos. Proxección en 35 mm.

Xoves 24, venres 25 e sábado 26: El último emperador (Bernardo Bertolucci, 1987). 163 minutos. Proxección en 35 mm.

Xoves 31, venres 1 e sábado 2: Novecento, II Parte (Bernardo Bertolucci, 1976). 180 minutos. Proxección en 35 mm.

Horarios: xoves, venres e sábado ás 20:30.

* * * * *

Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesión do espectador (sábado 17:15 ou 17:30) a 1,5 euros. Venda na billeteira media hora antes de cada función. Venda anticipada na conserxería de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, sábados de 10:00 a 13:00.