xoves, 11 de xaneiro de 2018

Programa de lecer de primavera 2018

Centro Ágora: Cinema da América Latina.
Mércores de 19:00 a 20:30.

Malia a proximidade lingüística, os cinemas da América Latina son unha asignatura pendente para a inmensa dos espectadores. Ao longo deste taller repasaremos os fitos do pasado con mestres coma Glauber Rocha, Raúl Ruiz ou Leonardo Favio, mais tamén o rico e vivo presente das cinematografías da América Central e do Sur. Ademais, comentaremos a programación das salas da Coruña e analizaremos a actualidade cinematográfica.

Picar aquí para obter información sobre a inscrición.


Fórum Metropolitano: O cinema dos anos 30 e 40.
Xoves de 18:30 a 20:00.

A consolidación do cinema sonoro abre unha etapa de esplendor industrial e creativo, moito máis diversa do que a etiqueta de “clásico” parece apuntar. Repasaremos uns anos extraordinarios para a arte cinematográfica en todo o mundo, non só no Hollywood dos grandes estudios. Ademais, valoraremos a programación das nosas salas e daremos conta das novas de actualidade máis importantes.

Picar aquí para obter información sobre a inscrición.


Fórum Metropolitano: O ceo é para tod@s
Venres de 18:30 a 20:00

Cada vez é maior a curiosidade pola astronomía e a cosmoloxía mais, paradoxalmente, cada vez estamos máis lonxe do ceo e da noite. Ao longo de catro meses exploraremos algúns conceptos básicos e veremos como foi cambiando ao longo da historia a nosa visión do universo. Tamén repasaremos a pegada da astronomía e o firmamento nocturno na cultura e a arte.

Picar aquí para obter información sobre a inscrición.