venres, 7 de setembro de 2018

Programación de setembro de 2018 do Fórum Metropolitano

Sala Marilyn Monroe: Estreas en VO

Xoves 6, venres 7 e sábado 8: Convicto (David McKenzie, 2013). 106 minutos. Proxección en DVD.

Xoves 13, venres 14 e sábado 15: El insulto (Ziad Doueiri, 2017). 112 minutos. Proxección en BluRay.

Xoves 20, venres 21 e sábado 22: Custodia compartida (Xavier Legrand, 2017). 93 minutos. Proxección en BluRay.

Venres 28 e sábado 29: Cartas da guerra (Ivo M. Ferreira, 2016). 105 minutos. Proxección en BluRay.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30, sábado 17:30 e 20:30 (agás onde se indique outra cousa).


* * * * *

Do luns 24 ao xoves 27, ciclo "Os ollos abertos". Sesións ás 19:00, entrada libre até completar capacidade. Organizado pola ONG A.I.R.E e coordinado polo xestor cultural Javier Trigales. Proxeccións en DVD e VOSE.

Luns 24: Alma mater (Philippe Van Leeuw, 2017). 85 minutos. Proxección en DVD.

Martes 25: 69 minutes of 86 days (Egil Håskjold Larsen, 2017) + Tout le monde aime le borde de la mer (Keina Espiñeira, 2016). 88 minutos. Proxección en DVD.

­Mércores 26: Fuocoammare (Gianfranco Rosi, 2016). 114 minutos. Proxección en DVD.

­Xoves 27: Mediterranea (Jonas Carpignano, 2015). 107 minutos. Proxección en DVD.

Sala Fernando Rey: Cinema e degustación. Centenario Picadillo.

ATENCIÓN! Os filmes deste ciclo pasarán unicamente ás 20:30 (non hai sesión o sábado ás 17:30).

Xoves 6, venres 7 e sábado 8: El Gatopardo (Luchino Visconti, 1963). 186 minutos. Proxección en 35 mm.

Xoves 13, venres 14 e sábado 15: El guateque (Blake Edwards, 1968). 109 minutos. Proxección en 35 mm.

Xoves 20, venres 21 e sábado 22: El cocinero, el ladrón, su mujer y su amante (Peter Greenaway, 1989). 124 minutos. Proxección en 35 mm.

Xoves 27, venres 28 e sábado 29: 18 comidas (Jorge Coira, 2010). 107 minutos. Proxección en 35 mm.


* * * * *

Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesión do espectador (sábado 17:15 ou 17:30) a 1,5 euros. Venda na billeteira media hora antes de cada función. Venda anticipada na conserxería de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, sábados de 10:00 a 13:00.

luns, 27 de agosto de 2018

Programa de lecer de outono 2018

Centro Ágora: Cinemas de África
Mércores de 19:00 a 20:30. Profesor: Martin Pawley.

Existe o cinema africano. Existen, mellor dito, os cinemas africanos, tan diversos como diverso é o continente. Da longa tradición do cinema exipcio á esplendorosa emerxencia da creación fílmica na África negra a partir dos anos 60, o obradoiro analizará os principais cineastas e as películas esenciais de cinematografías durante moitos anos descoñecidas para os espectadores. Nomes coma os de Ousmane Sembene, Djibril Diop Mambety, Souleymane Cissé, Youssef Chahine, Sarah Maldoror ou Safi Faye serán obxecto de atención nun curso que prestará atención, ademais, aos creadores e creadoras africanos do noso tempo.


Preinscrición os días 3, 4 e 5 de setembro. Picar aquí para obter máis información sobre a inscrición.

Fórum Metropolitano: O ceo é para tod@s
ATENCIÓN! Xoves de 17:00 a 18:30. Profesor: Martin Pawley.

Cada vez vivimos máis afastados do ceo e da noite mais, paradoxalmente, nunca foi tan grande a curiosidade e o interese pola astronomía e a cosmoloxía. Neste obradoiro aprenderemos a recoñecer o firmamento a simple vista e afondaremos na ciencia asociada ao estudo dos obxectos celestes: os movementos da Terra, o Sol e o sistema solar, a vida e a morte das estrelas, o inicio do universo... En todas as sesións dedicaremos uns minutos a repasar que podemos ver no ceo nesas datas e daremos conta dalgunhas noticias de actualidade.


Preinscrición os días 3, 4 e 5 de setembro. Picar aquí para obter máis información sobre a inscrición.

Fórum Metropolitano: Mulleres cineastas
Xoves de 18:30 a 20:00. Profesor: Martin Pawley.

Se ben ao longo da historia o oficio de director foi maioritariamente masculino, desde o inicio do cinema houbo mulleres que se puxeron con éxito detrás das cámaras. No obradoiro analizaremos a obra de directoras excepcionais que crearon e crean filmes esenciais para o progreso do cinema, desde a pioneira Alice Guy á lenda viva Agnès Varda pasando por nomes como Lois Weber, Dorothy Arzner, Maya Deren, Chantal Akerman, Kathryn Bigelow, Safi Faye e moitas outras. Ademais, valoraremos a programación das nosas salas e daremos conta das novas de actualidade máis importantes.


Preinscrición os días 3, 4 e 5 de setembro. Picar aquí para obter máis información sobre a inscrición.

luns, 2 de xullo de 2018

Cinenterraza 2018

Por sexto ano os mércores e xoves pola noite o Fórum Metropolitano acolle o ciclo Cinenterraza - Cult Movies, composto polos seguintes filmes presentados por Javier Trigales e seguidos dun coloquio. As sesións comezan ás 22:30 e o prezo das entradas é de 3 euros (2 euros para maiores de 65 anos, desempregados ou usuarios do carné xove). As proxeccións do ciclo faranse en 35mm.

Mércores 4 de xullo: The Night of the Hunter (Charles Laughton, 1955). Coloquio con Dores Tembrás, escritora.

Xoves 5 de xullo: Sunrise (F. W. Murnau, 1927). Coloquio con Tono Mejuto, fotógrafo e realizador.

Mércores 11 de xullo: Mamma Roma (Pier Paolo Pasolini, 1962). Coloquio con Sabela Mendoza, investigadora e xestora cultural.

Xoves 12 de xullo: Monty Phyton's The Meaning of Life (Terry Jones e Terry Gilliam, 1983). Coloquio con Nico Campos, guionista, realizador e presidente da AGAG.

Mércores 18 de xullo: Le Rayon Vert (Eric Rohmer, 1986). Coloquio con Anxos Fazáns, realizadora.

Xoves 19 de xullo: A ascensión (Larisa Shepitko, 1977). Coloquio con Ana Domínguez, codirectora do Festival S8 e realizadora.

Xoves 26 de xullo: The Silence of the Lambs (Jonathan Demme, 1991). Coloquio con Andrés Goteira, realizador.

xoves, 11 de xaneiro de 2018

Programa de lecer de primavera 2018

Centro Ágora: Cinema da América Latina.
Mércores de 19:00 a 20:30.

Malia a proximidade lingüística, os cinemas da América Latina son unha asignatura pendente para a inmensa dos espectadores. Ao longo deste taller repasaremos os fitos do pasado con mestres coma Glauber Rocha, Raúl Ruiz ou Leonardo Favio, mais tamén o rico e vivo presente das cinematografías da América Central e do Sur. Ademais, comentaremos a programación das salas da Coruña e analizaremos a actualidade cinematográfica.

Picar aquí para obter información sobre a inscrición.


Fórum Metropolitano: O cinema dos anos 30 e 40.
Xoves de 18:30 a 20:00.

A consolidación do cinema sonoro abre unha etapa de esplendor industrial e creativo, moito máis diversa do que a etiqueta de “clásico” parece apuntar. Repasaremos uns anos extraordinarios para a arte cinematográfica en todo o mundo, non só no Hollywood dos grandes estudios. Ademais, valoraremos a programación das nosas salas e daremos conta das novas de actualidade máis importantes.

Picar aquí para obter información sobre a inscrición.


Fórum Metropolitano: O ceo é para tod@s
Venres de 18:30 a 20:00

Cada vez é maior a curiosidade pola astronomía e a cosmoloxía mais, paradoxalmente, cada vez estamos máis lonxe do ceo e da noite. Ao longo de catro meses exploraremos algúns conceptos básicos e veremos como foi cambiando ao longo da historia a nosa visión do universo. Tamén repasaremos a pegada da astronomía e o firmamento nocturno na cultura e a arte.

Picar aquí para obter información sobre a inscrición.