luns, 18 de decembro de 2017

Presentación da novela "A nena do abrigo de astracán"

Este mércores 20 de decembro ás 20:00 preséntase na Libraría Azeta a nova novela de Xabier P. DoCampo A nena do abrigo de astracán, editada por Xerais. No blog Acto de Primavera podedes ler unha recensión e ver unha entrevista co escritor na que debulla algúns aspectos esenciais e o peso do cinema nela.

Nas bibliotecas municipais podedes atopar os sete filmes que vertebran o libro, menos o último. Aquí tedes a listaxe dos filmes que ve e relata Susana na novela e os centros nos que están dispoñíbeis:

Historias de Filadelfia (George Cukor, 1940): Fórum Metropolitano, Sagrada Familia, Infantil e Xuvenil, Os Rosales.

Luz que agoniza (George Cukor, 1944): Ágora, Infantil e Xuvenil, Monte Alto.

El mago de Oz (Victor Fleming, 1939): Fórum Metropolitano, Ágora, Infantil e Xuvenil, Castrillón, Monte Alto, Sagrada Familia, Os Rosales.

Rebeca (Alfred Hitchcock, 1940): Fórum Metropolitano, Ágora, Infantil e Xuvenil, Sagrada Familia, Castrillón, Monte Alto, Os Rosales.

El puente de Waterloo (Mervyn LeRoy, 1941): Fórum Metropolitano, Monte Alto.

Qué verde era mi valle (John Ford, 1941): Fórum Metropolitano, Ágora, Infantil e Xuvenil, Castrillón, Os Rosales, Monte Alto.

La loba (William Wyler, 1941): NON DISPOÑÍBEL EN NINGUNHA BIBLIOTECA DA REDE MUNICIPAL.