sábado, 29 de abril de 2017

Programación de maio de 2017 do Fórum Metropolitano

Sala Marilyn Monroe: Italia e o seu cinema

Xoves 4, venres 5 e sábado 6: Asediada (Bernardo Bertolucci, 1998). Proxección en 35mm.

Xoves 11, venres 12 e sábado 13: Reality (Matteo Garrone, 2012). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Xoves 18, venres 19 e sábado 20: Sostiene Pereira (Roberto Faenza, 1995). Proxección en 35mm.

Xoves 25, venres 26 e sábado 27: Latin Lover (Cristina Comencini, 2015). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15.

Sala Fernando Rey: Saíndo da fábrica

Xoves 4, venres 5 e sábado 6: Tout va bien (Jean-Luc Godard, 1972). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray. Entrada gratuíta con invitación (na billeteira 45 minutos antes de cada proxección).

Xoves 11, venres 12 e sábado 13: Todos nos llamamos Ali (Rainer Werner Fassbinder, 1974). Proxección en 35mm.

Xoves 18, venres 19 e sábado 20: Yo, Daniel Blake (Ken Loach, 2016). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Xoves 25, venres 26 e sábado 27: Pride (Matthew Warchus, 2014). Proxección en 35mm.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30, sábado 17:30 e 20:30. ATENCIÓN! Durante este ciclo suspéndense as sesións das 23:00. A sesión do venres ás 20:30 irá seguida dun coloquio.

* * * * *

Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesión do espectador (venres 23:00, sábado 17:30) a 1,5 euros. Venda na billeteira media hora antes de cada función.

mércores, 5 de abril de 2017

"Los oficios del cine"

 
O canal público de televisión da cidade de Buenos Aires, Canal de la Ciudad, emitiu hai un par de anos unha interesantísima serie documental chamada Los oficios del cine. Os episodios están estruturados en forma de conversas con profesionais do cinema conducidas polo (excelente) director Sergio Wolf, autor de Yo no sé que me han hecho tus ojos (2003), El color que cayó del cielo (2014) e Viviré con tu recuerdo (2016). A serie Los oficios del cine está dispoñíbel en Youtube:

LOS OFICIOS DEL CINE

Capítulo 1 - Producción 

Capítulo 2 - Dirección de fotografía

Capítulo 3 - Efectos especiales

Capítulo 4 - Sonido

Capítulo 5 - Animal wrangler

Capítulo 6 - Música