luns, 18 de decembro de 2017

Presentación da novela "A nena do abrigo de astracán"

Este mércores 20 de decembro ás 20:00 preséntase na Libraría Azeta a nova novela de Xabier P. DoCampo A nena do abrigo de astracán, editada por Xerais. No blog Acto de Primavera podedes ler unha recensión e ver unha entrevista co escritor na que debulla algúns aspectos esenciais e o peso do cinema nela.

Nas bibliotecas municipais podedes atopar os sete filmes que vertebran o libro, menos o último. Aquí tedes a listaxe dos filmes que ve e relata Susana na novela e os centros nos que están dispoñíbeis:

Historias de Filadelfia (George Cukor, 1940): Fórum Metropolitano, Sagrada Familia, Infantil e Xuvenil, Os Rosales.

Luz que agoniza (George Cukor, 1944): Ágora, Infantil e Xuvenil, Monte Alto.

El mago de Oz (Victor Fleming, 1939): Fórum Metropolitano, Ágora, Infantil e Xuvenil, Castrillón, Monte Alto, Sagrada Familia, Os Rosales.

Rebeca (Alfred Hitchcock, 1940): Fórum Metropolitano, Ágora, Infantil e Xuvenil, Sagrada Familia, Castrillón, Monte Alto, Os Rosales.

El puente de Waterloo (Mervyn LeRoy, 1941): Fórum Metropolitano, Monte Alto.

Qué verde era mi valle (John Ford, 1941): Fórum Metropolitano, Ágora, Infantil e Xuvenil, Castrillón, Os Rosales, Monte Alto.

La loba (William Wyler, 1941): NON DISPOÑÍBEL EN NINGUNHA BIBLIOTECA DA REDE MUNICIPAL.

martes, 31 de outubro de 2017

Programación de novembro de 2017 do Fórum Metropolitano

Sala Marilyn Monroe: Encrucilladas

Xoves 2, venres 3 e sábado 4: Bar Bahar - Entre dos mundos (Maysaloun Hamoud, 2016). Proxección en BluRay. 100 minutos.

Xoves 9, venres 10 e sábado 11: Clash (Mohamed Diab, 2016). Proxección en BluRay. 98 minutos.

Xoves 16, venres 17 e sábado 18: Hedi, un viento de libertad (Mohamed Ben Attia, 2016). Proxección en BluRay. 88 minutos.

Xoves 23, venres 24 e sábado 25: Una historia de locos (Robert Guédiguian, 2015). Proxección en BluRay. 140 minutos.

Xoves 30, venres 31 e sábado 1: Regreso a casa (Zhang Yimou, 2014). Proxección en BluRay. 111 minutos.

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15.

Sala Fernando Rey: Directoras

Xoves 2, venres 3 e sábado 4: Somewhere (Sofia Coppola, 2011). Proxección en 35 mm. 94 minutos.

Xoves 9, venres 10 e sábado 11: Monster (Patty Jenkins, 2004). Proxección en 35 mm. 114 minutos.

Xoves 16, venres 17 e sábado 18: El adversario (Nicole Garcia, 2002). Proxección en 35 mm. 133 minutos.

Xoves 23, venres 24 e sábado 25: Los chicos están bien (Lisa Chodolenko, 2010). Proxección en 35 mm. 109 minutos.

Xoves 30, venres 31 e sábado 1: Bright Star (Jane Campion, 2009). Proxección en 35 mm. 127 minutos.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30 e 23:00, sábado 17:30 e 20:30.


* * * * *

Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesión do espectador (venres 23:00, sábado 17:30) a 1,5 euros. Venda na billeteira media hora antes de cada función.

domingo, 8 de outubro de 2017

xoves, 5 de outubro de 2017

Programación de outubro de 2017 do Fórum Metropolitano

Sala Marilyn Monroe: A outra beira

Xoves 5, venres 6 e sábado 7: El botón de nácar (Patricio Guzmán, 2015). Proxección en BluRay. 82 minutos.

Xoves 12, venres 13 e sábado 14: Colosio: el asesinato (Carlos Bolado, 2012). Proxección en BluRay. 102 minutos.

Xoves 19, venres 20 e sábado 21: Magallanes (Salvador del Solar, 2015). Proxección en BluRay. 105 minutos.

Xoves 26, venres 27 e sábado 28: El ciudadano ilustre (Mariano Cohn, Gastón Duprat, 2016). Proxección en BluRay. 118 minutos.

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15.


Sala Fernando Rey: Cinema ruso

Xoves 5, venres 6 e sábado 7: O príncipe Igor (Roman Tikhomirov, 1970). Proxección en 35mm. 111 minutos.

Xoves 12, venres 13 e sábado 14: Os amenceres aquí son tranquilos (Stanislav Rostotski, 1972). Proxección en 35mm. 180 minutos. ATENCIÓN! Sesión única ás 20:30.

Xoves 19, venres 20 e sábado 21: Elena (Andrey Zvyagintsev, 2011). Proxección en 35mm. 109 minutos.

Xoves 26, venres 27 e sábado 28: Leviathan (Andrey Zvyagintsev, 2014). Proxección en 35mm. 141 minutos. ATENCIÓN! Sesión única ás 20:30.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30 e 23:00, sábado 17:30 e 20:30.



* * * * *

Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesión do espectador (venres 23:00, sábado 17:30) a 1,5 euros. Venda na billeteira media hora antes de cada función.

luns, 4 de setembro de 2017

Programa de lecer de outono de 2017

FILMOTECA FÓRUM: CANDO O CINEMA EMPEZOU A FALAR
Fórum Metropolitano. Xoves, de 18.30 a 20.00 h. Responsable: Martin Pawley

A chegada do son transformou en moi pouco tempo a creación e exhibición cinematográfica. Repasaremos os primeiros anos do cinema sonoro, desde as limitacións iniciais derivadas do emprego da nova tecnoloxía ao aproveitamento esplendoroso do son e a palabra no cinema clásico.

Descrición estendida: Dende que en 1927 os espectadores estadounidenses escoitaron a voz de Al Jonson n'O Cantor de Jazz, a industria do cinema iniciou unha (veloz) transformación que cambiou para sempre a forma de facer e exhibir as películas. Até mediados dos anos 30 vívese un período convulso e excitante no que os creadores de todo o mundo aprenderon a sacarlle partido ao recurso da palabra e o son. Anos de efervescencia creativa que analizaremos con detalle no obradoiro. Ademais, valoraremos, comentaremos e falaremos da programación das nosas salas e daremos conta das novas da actualidade máis importantes.

Obxectivos xerais: Comprender o cambio que supuxo, en termos creativos e industriais, o salto do cinema mudo ao sonoro. Entender como o progreso tecnolóxico da chegada do son supuxo inventar novas regras para a linguaxe fílmica. Recoñecer e valorar a diversidade cinematográfica dos primeiros anos do cinema sonoro en todo o mundo.

Sesións: A chegada do son ao cinema: das experiencias pioneiras ao triunfo d'O cantor de jazz | Un paso atrás? Os problemas que trouxo a nova tecnoloxía | Aprendendo a usar o son: como os creadores definiron unha nova narrativa | Hollywood antes da censura: a era “Pre-Code”. O esplendor do musical. Tempo de monstros: Drácula, Frankenstein e outras criaturas. Unha sociedade en crise: o cinema de gángsters. As mulleres no cinema “Pre-Code” | Cinema sonoro en España e Portugal | Fitos do cinema europeo: Hitchcock, Lang, Pabst, Renoir, Clair etc | Outras cinematografías.

-> Información e programa completo do programa de lecer do Fórum Metropolitano, aquí.

HISTORIA(S) DO CINEMA A TRAVÉS DOS FESTIVAIS
Centro Ágora. Mércores, de 19.00 a 20.30 h. Responsable: Martin Pawley

Os principais festivais de cinema serven para entender as mutacións vividas pola sétima arte nas últimas oito décadas. Cannes, Venecia, Berlín, San Sebastián e Lorcano foron, ademais, a porta de entrada que nos descubriu a moitos dos principais creadores da Historia. Valerémonos das súas historias para entender mellor o cinema do pasado e o presente.

Descrición estendida: Máis alá do “glamour” e das alfombras vermellas, os festivais foron, son e serán espazos de diversidade que nos axudan a descubrir outras formas de contar e explicar o mundo. Neles déronse a coñecer autores e cinematografías que hoxe temos por esenciais, do Xapón de Akira Kurosawa ao Irán de Abbas Kiarostami. Os festivais definen tendencias e modas, consolidan xeracións, abren portas (mais tamén as pechan) e non son alleos aos cambios sociais e históricos. Tomamos os festivais de cinema máis importantes como guía para explorar como foi e é o cinema das últimas décadas. Ademais, valoraremos, comentaremos e falaremos da programación das salas da cidade e daremos conta das novas da actualidade máis importantes.

Obxectivos xerais: Comprender a importancia dos festivais de cinema na divulgación da diversidade fílmica. Achegarse ao cinema dende unha perspectiva transversal, que a través dos festivais explora outros factores sociais e históricos que influíron na creación e difusión dos filmes.

Sesións: Os grandes festivais: Cannes, Venecia, Berlín, San Sebastián e Locarno | Kurosawa, Ray e compaña: cando Europa descubriu o cinema asiático | As novas ondas e os grandes autores | Que pasa coa non ficción? O documental, o gran esquecido | Mulleres directoras | O cinema español e portugués nos grandes festivais | Outras cinematografías: a periferia que se abre sitio.

-> Información e programa completo do programa de lecer do Centro Ágora, aquí.

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DO PROGRAMA DE LECER:

Preinscrición: os días 4, 5 e 6 de setembro nas conserxarías do Fórum Metropolitano ou Centro Ágora de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h ou por vía telemática cubrindo a folla de preinscrición, tal e como se indica na páxina www.coruna.es/cultura. Neste último caso, será recomendable gardar unha copia dixital da inscrición, co fin de corrixir os erros que se puideren producir. É importante escoller só una das dúas opcións, xa que, en caso de ter
preinscricións duplicadas, anularanse. Todas as preinscricións telemáticas que teñan data de envío anterior ás 9.00 h do día 4 ou posterior ás 20.00 h do día 6 non serán tramitadas. Cada solicitante poderá anotar ata catro obradoiros na ficha; deberase ter en conta que na adxudicación respectarase a orde de preferencia fixada e esta non poderá modificarse unha vez que se realice o sorteo.

Sorteo público: o venres 8 de setembro ás 10 da mañá na conserxaría do Fórum e Ágora, segundo o caso.

Adxudicación de prazas: as listaxes dos obradoiros adxudicados publicarase o luns 11 de setembro a partir das 9:00.

Inscrición: os días 11, 12 e 13 de setembro na conserxaría do Fórum Metropolitano ou Centro Ágora, segundo o caso. Para formalizar a inscrición será necesario aboar en efectivo o importe do obradoiro.

Listaxes de agarda e prazas vacantes: as persoas en listaxe de agarda terán preferencia en ocuparen as prazas non aboadas dese obradoiro, segundo a orde ditada polo sorteo. Terán preferencia aquelas persoas que non obtivesen ningunha praza. Realizaremos unha primeira rolda de chamadas telefónicas o 14 de setembro. Contactaremos só con aquelas persoas que estean nas listaxes de agarda para saber se continúan interesadas en inscribirse nos obradoiros que solicitaran. De ser así, terán que formalizar a inscrición, pagándoa, o 15 de setembro. Realizaremos unha segunda rolda de chamadas o 18 de setembro, e as/os interesadas/os terán que formalizar a inscrición, pagándoa, o 19 de setembro.
A partir do 20 de setembro e despois deste proceso, o resto das prazas vacantes poderán ser ocupadas polo público en xeral, que deberá inscribirse e aboalas por orde de chegada, nos horarios indicados anteriormente.

Cota de inscrición: 30 € por obradoiro (maiores de 65 anos, 21 €).

Inicio dos obradoiros: a partir do 25 de setembro, no día e hora que lle correspondan a cada obradoiro.

Os obradoiros só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.

martes, 29 de agosto de 2017

Programación de setembro de 2017 do Fórum Metropolitano

Sala Marilyn Monroe: Estreas en V.O.

Xoves 7, venres 8 e sábado 9: Cosmética Terror (Fernando Simarro, 2017). Proxección en Bluray. 113 minutos.

Xoves 14, venres 15 e sábado 16: Frantz (François Ozon, 2016). Proxección en Bluray. 113 minutos.

Xoves 21, venres 22 e sábado 23: La alta sociedad [Ma Loute] (Bruno Dumont, 2016). Proxección en Bluray. 122 minutos.

Xoves 28, venres 29 e sábado 30: Cautivos (Atom Egoyan, 2014). Proxección en Bluray. 112 minutos.

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15.

Sala Fernando Rey: Falamos de amor

Xoves 7, venres 8 e sábado 9: Hace mucho que te quiero (Philippe Claudel, 2008). Proxección en 35mm. 119 minutos.

Xoves 14, venres 15 e sábado 16: Marie-Jo y sus dos amores (Robert Guediguian, 2002). Proxección en 35mm. 126 minutos.

Xoves 21, venres 22 e sábado 23: Dejad de quererme (Jean Becker, 2008). Proxección en 35mm. 85 minutos.

Xoves 28, venres 29 e sábado 30: Paraíso: Amor (Ulrich Seidl, 2012). Proxección en 35mm. 121 minutos.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30 e 23:00, sábado 17:30 e 20:30.


* * * * *

Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesión do espectador (venres 23:00, sábado 17:30) a 1,5 euros. Venda na billeteira media hora antes de cada función.

ATENCIÓN! Xoves 7 de setembro, sesión inaugural de tempada. Entrada de balde con convite para as dúas salas. Despacho de billetes, a partir das 19:45.

xoves, 29 de xuño de 2017

Cinenterraza 2017

Un ano máis o Fórum Metropolitano presenta en xullo o ciclo Cinenterraza, composto polos seguintes filmes presentados por Javier Trigales e seguidos dun coloquio. As sesións comezan ás 22:30 e o prezo das entradas é de 3 euros (2 euros para maiores de 65 anos, desempregados ou usuarios do carné xove). As proxeccións do ciclo faranse en 35mm.

Mércores 5 de xullo: La semilla del diablo (Roman Polanski, 1968). Coloquio con María Núñez, codirectora de Freakmacine.

Xoves 6 de xullo: La chica de la fábrica de cerillas (Aki Kaurismäki, 1990). Coloquio con Ángeles Huerta, realizadora de Esquece Monelos.

Mércores 12 de xullo: Terciopelo azul (David Lynch, 1986). Coloquio con Olga Osorio, directora de Einstein-Rosen.

Xoves 13 de xullo: Elvira Madigan (Bo Widerberg, 1967). Coloquio con Eduardo Fernández, artista, músico e performer.

Mércores 19 de xullo: Taxi Driver (Martin Scorsese, 1976). Coloquio con Isra Cubillo, fotógrafo.

Xoves 20 de xullo: Le Mépris (Jean-Luc Godard, 1963). Coloquio con Andrea Franco, crítica e programadora.

Mércores 26 de xullo: Rumble Fish (Francis Ford Coppola, 1983). Coloquio con Emma Ríos, autora de banda deseñada.

Xoves 27 de xullo: Manhattan (Woody Allen, 1979). Coloquio con Santos Díaz, cineasta, autor de A liña política (Festival de Locarno, 2016).

sábado, 29 de abril de 2017

Programación de maio de 2017 do Fórum Metropolitano

Sala Marilyn Monroe: Italia e o seu cinema

Xoves 4, venres 5 e sábado 6: Asediada (Bernardo Bertolucci, 1998). Proxección en 35mm.

Xoves 11, venres 12 e sábado 13: Reality (Matteo Garrone, 2012). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Xoves 18, venres 19 e sábado 20: Sostiene Pereira (Roberto Faenza, 1995). Proxección en 35mm.

Xoves 25, venres 26 e sábado 27: Latin Lover (Cristina Comencini, 2015). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15.

Sala Fernando Rey: Saíndo da fábrica

Xoves 4, venres 5 e sábado 6: Tout va bien (Jean-Luc Godard, 1972). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray. Entrada gratuíta con invitación (na billeteira 45 minutos antes de cada proxección).

Xoves 11, venres 12 e sábado 13: Todos nos llamamos Ali (Rainer Werner Fassbinder, 1974). Proxección en 35mm.

Xoves 18, venres 19 e sábado 20: Yo, Daniel Blake (Ken Loach, 2016). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Xoves 25, venres 26 e sábado 27: Pride (Matthew Warchus, 2014). Proxección en 35mm.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30, sábado 17:30 e 20:30. ATENCIÓN! Durante este ciclo suspéndense as sesións das 23:00. A sesión do venres ás 20:30 irá seguida dun coloquio.

* * * * *

Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesión do espectador (venres 23:00, sábado 17:30) a 1,5 euros. Venda na billeteira media hora antes de cada función.

mércores, 5 de abril de 2017

"Los oficios del cine"

 
O canal público de televisión da cidade de Buenos Aires, Canal de la Ciudad, emitiu hai un par de anos unha interesantísima serie documental chamada Los oficios del cine. Os episodios están estruturados en forma de conversas con profesionais do cinema conducidas polo (excelente) director Sergio Wolf, autor de Yo no sé que me han hecho tus ojos (2003), El color que cayó del cielo (2014) e Viviré con tu recuerdo (2016). A serie Los oficios del cine está dispoñíbel en Youtube:

LOS OFICIOS DEL CINE

Capítulo 1 - Producción 

Capítulo 2 - Dirección de fotografía

Capítulo 3 - Efectos especiales

Capítulo 4 - Sonido

Capítulo 5 - Animal wrangler

Capítulo 6 - Música

xoves, 30 de marzo de 2017

Cinema mudo en Portugal

Como se fai unha película: a dirección de fotografía

Como se fai unha película: a montaxe

Programación de abril de 2017 do Fórum Metropolitano

Sala Fernando Rey: cine e literatura

Xoves 30, venres 31 e sábado 1: El principito (Mark Osborne, 2015). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Xoves 6 e sábado 8: Neruda (Pablo Larraín, 2016). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray. Pase único xoves 20:30, sábado 17:30 e 20:30.

Venres 7: preestrea Rosalie Blum (Julien Rappeneau, 2015). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray. Pase único 20:30. Entrada con convite (na billeteira dende media hora antes da proxección).

Xoves 20, venres 21 e sábado 22: Macbeth (Justin Kurzel, 2015). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Xoves 27, venres 28 e sábado 29: Fatima (Philippe Faucon, 2015). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30 e 23:00, sábado 17:30 e 20:30. 

Sala Marilyn Monroe: dende Oriente

Xoves 30, venres 31 e sábado 1: La casa del tejado rojo (Yoji Yamada, 2015). Proxección en 35mm. ATENCIÓN! Pase único diario ás 20:15.

Xoves 6, venres 7 e sábado 8: Despedidas (Yôjirô Takita, 2009). Proxección en 35mm. ATENCIÓN! Pase único diario ás 20:15.

Xoves 20, venres 21 e sábado 22: Amor bajo el espino blanco (Zhang Yimou, 2010). Proxección en 35mm.

Xoves 27, venres 28 e sábado 29: Still walking (Hirokazu Kore-eda, 2008). Proxección en 35mm.

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15.


* * * * *

Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesión do espectador (venres 23:00, sábado 17:30) a 1,5 euros. Venda na billeteira media hora antes de cada función.

luns, 27 de febreiro de 2017

Programación de marzo de 2017 do Fórum Metropolitano

Sala Fernando Rey: retazos de muller

Xoves 2, venres 3 e sábado 4: Papusza (Joanna Kos-Krauze, Krzysztof Krauze, 2013). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Xoves 9, venres 10 e sábado 11: Gett: El divorcio de Viviane Amsalem (Ronit Elkabetz, Shlomi Elkabetz, 2015). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Xoves 16, venres 17 e sábado 18: Un amor de verano (Catherine Corsini, 2015). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Xoves 23, venres 24 e sábado 25: Paulina (Santiago Mitre, 2015). Proxección en 35mm.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30 e 23:00, sábado 17:30 e 20:30. 

Sala Marilyn Monroe: personaxes

Xoves 2, venres 3 e sábado 4: Las aventuras amorosas del joven Moliere (Laurent Tirard, 2006). Proxección en 35mm.

Xoves 9, venres 10 e sábado 11: Sketches of Frank Gehry (Sidney Pollack, 2006). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Xoves 16, venres 17 e sábado 18: Violette (Martin Provost, 2013). Proxección en 35mm. ATENCIÓN! Pase único diario ás 20:15.

Xoves 23, venres 24 e sábado 25: Genius (Michael Grandade, 2016). Proxección en 35mm.

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15.


* * * * *

Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesión do espectador (venres 23:00, sábado 17:30) a 1,5 euros. Venda na billeteira media hora antes de cada función.

mércores, 1 de febreiro de 2017

Programación de febreiro de 2017 do Fórum Metropolitano

Sala Fernando Rey: Cinema nórdico

Xoves 2, venres 3 e sábado 4: Fúsi - Corazón gigante (Dagur Kari, 2015). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Xoves 9, venres 10 e sábado 11: Una paloma se posó en una rama a reflexionar sobre la existencia (Roy Andersson, 2015). Proxección en 35mm.

Xoves 16, venres 17 e sábado 18: El abuelo que saltó por la ventana y se largó (Felix Herngren, 2013). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Xoves 23, venres 24 e sábado 25: Después de esto (Magnus Von Horn, 2015). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30 e 23:00, sábado 17:30 e 20:30.

Sala Marilyn Monroe: Da outra beira

Xoves 2, venres 3 e sábado 4: Corazón de león (Marcos Carnevale, 2014). Proxección en 35mm.

Xoves 9, venres 10 e sábado 11: El misterio de la felicidad (Daniel Burman, 2013). ATENCIÓN! Proxección en Blu-ray.

Xoves 16, venres 17 e sábado 18: Año bisiesto (Michael Rowe, 2010). Proxección en 35mm.

Xoves 23, venres 24 e sábado 25: Batalla en el cielo (Carlos Reygadas, 2005).

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15.


* * * * *

Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesión do espectador (venres 23:00, sábado 17:30) a 1,5 euros. Venda na billeteira media hora antes de cada función.

mércores, 11 de xaneiro de 2017

Programación de xaneiro de 2017 do Fórum Metropolitano

Sala Fernando Rey: Estreas en V.O.

Xoves 12, venres 13 e sábado 14: Mon Roi (Maïwenn, 2015). ATENCIÓN! Proxección en Bluray.

Xoves 19, sábado 20 e venres 21: Masaan (Neeraj Ghaywan, 2015). ATENCIÓN! Proxección en Bluray.

Xoves 26, sábado 27 e venres 28: Francofonia (Aleksandr Sokurov, 2015). ATENCIÓN! Proxección en Bluray.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30 e 23:00, sábado 17:30 e 20:30.

Sala Marilyn Monroe: Richard Fleischer

Xoves 12, venres 13 e sábado 14: Violent Saturday (Richard Fleischer, 1955). Proxección en 35mm.

Xoves 19, sábado 20 e venres 21: Compulsion (Richard Fleischer, 1959)

Xoves 26, sábado 27 e venres 28: The Vikings (Richard Fleischer, 1958)

Horarios: pase único ás 20:15 o xoves, venres e sábado.

* * * * *

Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesión do espectador (venres 23:00, sábado 17:30) a 1,5 euros. Venda na billeteira media hora antes de cada función.