venres, 29 de abril de 2016

Programación de maio de 2016 do Fórum Metropolitano

Sala Fernando Rey: Saíndo da fábrica

Xoves 5, venres 6 e sábado 7: La plaga (Neus Ballús, 2013). Proxección en DVD. Na sesión do venres haberá unha charla-coloquio con Héctor Tejón.

Xoves 12, venres 13 e sábado 14: La jaula de oro (Diego Quemada-Díez, 2013). Proxección en 35mm. Na sesión do venres haberá unha charla-coloquio con Carlos Diz.

Xoves 19, venres 20 e sábado 21: Techo y comida (Juan Miguel del Castillo, 2015). Proxección en 35mm. Na sesión do venres haberá charla-coloquio; convidado pendente de confirmación.

Xoves 26, venres 27 e sábado 28: On the waterfront (Elia Kazan, 1954). Proxección en 35mm. Na sesión do venres haberá unha charla-coloquio con Xosé Portela.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30, sábado 17:30 e 20:30. Durante este ciclo suspéndense as proxeccións do venres ás 23h.

Sala Marilyn Monroe: Thriller

Xoves 5, venres 6 e sábado 7: Los canallas (Claire Denis, 2014). Proxección en 35mm.

Xoves 12, venres 13 e sábado 14: Lawless (John Hillcoat, 2012). Proxección en DVD.

Xoves 19, venres 20 e sábado 21: Lady Jane (Robert Guédiguian, 2008). Proxección en 35mm.

Xoves 26, venres 27 e sábado 28: Cut Bank (Matt Shakman, 2015). Proxección en 35mm.

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15.

* * * * *

Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesións do espectador, venres 22:45/23:00 e sábados 17:15/17:30, prezo único 1,50 euros. Venta na billeteira media hora antes de cada función.

venres, 15 de abril de 2016

Cinema español no sitio web de RTVE

Entre os moitos e valiosos contidos do sitio web de RTVE merecen especial atención os filmes que poden verse nel de maneira gratuíta e legal. Podedes acceder a eles picando nas seguintes ligazóns:

-Os filmes da semana do programa Historia de nuestro cine.

-A zona web de Filmoteca Española en RTVE.es, con filmes coma Un perro andaluz (Luis Buñuel, 1929), El sexto sentido (Nemesio M. Sobrevila, 1929), El misterio de la Puerta del Sol (Francisco Elías, 1929), Angelina o el honor de un brigadier (Louis King, 1935), Raza (José Luis Sáenz de Heredia, 1941) e El espiritu de una raza (José Luis Sáenz de Heredia, 1950) ou Los habitantes de la casa deshabitada (Gonzalo Delgrás, 1946).

-Los pasos dobles (Isaki Lacuesta, 2011). 

-El muerto y ser feliz (Javier Rebollo, 2012).

-Carmina y revienta (Paco León, 2012).