xoves, 3 de marzo de 2016

Programación do Fórum Metropolitano de marzo de 2016

Sala Fernando Rey: Personaxes

Xoves 3, venres 4 e sábado 5: Quai d'Orsay - Crónicas diplomáticas (Bertrand Tavernier, 2013).

Xoves 10, venres 11 e sábado 12: Fausto (Aleksandr Sokurov, 2011). ATENCIÓN! Proxección única cada día ás 20:30.

Xoves 17, venres 18 e sábado 19: Ciudadano Kane (Orson Welles, 1941). ATENCIÓN! Proxección única cada día ás 20:30.

Proxeccións en 35mm.

Horario xeral da sala Fernando Rey: xoves 20:30, venres 20:30 e 23:00, sábado 17:30 e 20:30 (agás cando se indique outra cousa).

Sala Marilyn Monroe: Retazos de muller

Xoves 3, venres 4 e sábado 5: Curtas de Alexia Muíños, Xisela Franco, Virigina Curiá e Tomás Conde, Olga Osorio, Olaia Sendón e Sonia Méndez. ATENCIÓN! Xoves ás 20:15, venres ás 20:15, sábado ás 17:15 e 20:15. Entrada gratuíta con invitación (media hora antes na billeteira). 

Xoves 10, venres 11 e sábado 12: El mundo abandonado (Margarethe von Trotta, 2015)

Xoves 17, venres 18 e sábado 19: El cumpleaños de Ariane (Robert Guédiguian, 2015).

ATENCIÓN! Todas as proxeccións do ciclo Retazos de muller efectuaranse en DVD.

Horario xeral da sala Marilyn Monroe: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15 (agás cando se indique outra cousa).