venres, 2 de decembro de 2016

Preestrea de "Migas de pan" no Fórum Metropolitano


O próximo luns o Fórum Metropolitano acolle a preestrea do filme Migas de pan, dirixido por Manane Rodríguez, que foi escollido por Uruguay para optar ao Óscar de Hollywood na categoría de filmes en lingua non inglesa. A directora estará presente para manter un coloquio cos espectadores. A entrada é de balde.

Este é o tráiler da película:

sábado, 19 de novembro de 2016

Un monopolio no trigo (David Wark Griffith, 1909)


A Corner in Wheat (David Wark Griffith, 1909)

Algunhas preguntas

1) No taller vimos xa como nos primeiros anos do cinema houbo que ir inventando as "regras gramaticais" da nova arte. Vimos, en particular, o "invento da montaxe" nun dobre sentido:
-Un plano que segue a outro pode marcar unha continuidade temporal: o que vemos no plano A antecede ao do plano B e ese ao do C. O espectador "arma" na súa cabeza o relato completo aínda que vexa que as accións se desenvolven en fondos (escenarios) diferentes (cousa que non pasaba no teatro) e que dun plano a outro o fondo cambia maxicamente, un recurso do que se valía Buster Keaton para crear un gag metacinematográfico en Sherlock Jr. A alternancia entre planos outorga dinamismo e crea emoción, ao amosar puntos de vista distintos.
-Un plano que segue a outro tamén pode marcar unha simultaneidade temporal. Os planos non son consecutivos así que non "adiantan" a acción; ao contrario, ralentízana para crear algún tipo de efecto (cómico, dramático, etc).

A montaxe neste filme de Griffith, catorce anos posterior ás primeiras imaxes en movemento proxectadas en público... ten algún deses dous sentidos ou a intención é doutro tipo, "ideolóxica"? Cando a partir do minuto 7:30 empeza a alternar planos da festa dos ricos con planos na tenda co conflito do pan, o que quere contarnos é que esas dúas accións son exactamente simultáneas no tempo ou quere formular algo distinto, máis conceptual, máis xeral?

2) Unha estratexia narrativa típica é a de facer converxer os personaxes dun filme, novela, etc, nalgún punto. Cando nunha película vemos en paralelo personaxes diferentes nun lugar e tempo "próximo" sobreentendemos que acabarán por poñerse en contacto ou relacionarse dalgunha maneira (o clásico "chico conoce chica"). Neste filme de Griffith, chegan a relacionarse directamente entre si os distintos grupos de personaxes? Cantos grupos "vedes", cantos planos de acción diferenciaríades? Que é o que os une a todos?

3) Cal é o papel dos intertítulos neste filme? Diríades que hai moitos ou poucos? Engaden ou presentan a información ou teñen outra intención? Son puramente descritivos ou equivalen a algunha clase de "comentario"? Hai neles algo de humor, de ironía? Onde está o trigo nas seccións que veñen precedidas por un cartel que di "O ouro do trigo" e "A vaíña (=a casca) do trigo"? A distribución dos intertítulos é homoxénea ao longo de toda a peza ou hai máis nunhas partes ca noutras?

4) Como é o segundo plano do filme, o dos labregos traballando? Por que credes que dura o que dura? O espazo que describe é grande, pequeno? Podería facerse nun teatro?

5) Cantos movementos de cámara hai en todo o filme?

6) Como morre o rei do trigo? Que imaxe intercala Griffith entre as que narran a súa morte?

7) O plano final do labrego evoca claramente o segundo plano, mais hai diferenzas moi importantes. Cales?

luns, 31 de outubro de 2016

Programación de novembro de 2016 do Fórum Metropolitano

Sala Marilyn Monroe: Elas

Xoves 3, venres 4 e sábado 5: Cairo 678 (Mohamed Diab, 2011). Proxección en 35mm.

Xoves 10, venres 11 e sábado 12: La bicicleta verde (Haifaa Al-Mansour, 2012). Proxección en 35mm.

Xoves 17, venres 18 e sábado 19: Still Alice (Richard Glatzer e Wash Westmoreland, 2014). Proxección en 35mm.

Xoves 24, venres 25 e sábado 26: 45 years (Andrew Haigh, 2015). Proxección en 35mm.

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15.

Sala Fernando Rey: Eles

Xoves 3, venres 4 e sábado 5: La French (Cédric Jimenez, 2014). ATENCIÓN! Proxección en DVD.

Xoves 10, venres 11 e sábado 12: Le Havre (Aki Kaurismäki, 2011). ATENCIÓN! Proxección en DVD.

Xoves 17, venres 18 e sábado 19: Mayo de 1940 (Christian Carion, 2015). ATENCIÓN! Proxección en DVD.

Xoves 24, venres 25 e sábado 26: Pollo con ciruelas (Marjane Satrapi e Vincent Paronnaud, 2012). Proxección en 35mm.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30 e 23:00, sábado 17:30 e 20:30.

* * * * *

Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesión do espectador (venres 22:45/23:00, sábado 17:15/17:30) a 1,5 euros. Venda na billeteira media hora antes de cada función.

sábado, 29 de outubro de 2016

Jeanne d'Arc (Georges Méliès, 1900)


Curtametraxe de Georges Méliès acompañada pola música de Lucia Caruso e Pedro H. da Silva, composta no ano en curso e interpretada pola Manhattan Camerata e o coro Voices of Ascension.

luns, 3 de outubro de 2016

Programación de outubro de 2016 do Fórum Metropolitano

Sala Marilyn Monroe: Oriente

Xoves 6, venres 7 e sábado 8: Nuestra hermana pequeña (Hirokazu Koreeda, 2015). ATENCIÓN! Proxección en DVD.

Xoves 13, venres 14 e sábado 15: In love we trust (Xiaoshuai Wang, 2007). Proxección en 35mm.

Xoves 20, venres 21 e sábado 22: Milagro [Kiseki] (Hirokazu Koreeda, 2011). Proxección en 35mm.

Xoves 27, venres 28 e sábado 29: En otro país (Hong Sang-soo, 2012). Proxección en 35mm.

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15.

Sala Fernando Rey: Encrucilladas

Xoves 6, venres 7 e sábado 8: Querida Wendy (Thomas Vinterberg, 2004). Proxección en 35mm.

Xoves 13, venres 14 e sábado 15: Viajo sola (Maria Sole Tognazzi, 2013). ATENCIÓN! Proxección en DVD. 

Xoves 20, venres 21 e sábado 22: Aritmética emocional (Paolo Barzman, 2007). Proxección en 35mm.

Xoves 27, venres 28 e sábado 29: Girlhood [La banda de las chicas]  (Céline Sciamma, 2014). ATENCIÓN! Proxección en DVD.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30 e 23:00, sábado 17:30 e 20:30.

* * * * *  
Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesión do espectador (venres 22:45/23:00, sábado 17:15/17:30) a 1,5 euros. Venda na billeteira media hora antes de cada función.

luns, 5 de setembro de 2016

Programación de setembro de 2016 do Fórum Metropolitano

Sala Marilyn Monroe: Estreas en V.O.

Xoves 8, venres 9 e sábado 10: Mia Madre (Nanni Moretti, 2015). Proxección en 35mm. ATENCIÓN! Xoves 9 proxección inaugural de tempada, entrada gratuíta con convite (a retirar na billeteira do Fórum media hora antes do comezo da sesión).

Xoves 15, venres 16 e sábado 17: 3 corazones (Benoit Jacquot, 2014). Proxección en 35mm.

Xoves 22, venres 23 e sábado 24: La ley del mercado (Stephane Brizé, 2015). Proxección en 35mm.

Xoves 29, sábado 30 e domingo 1: Mandarinas (Zaza Urushadzé, 2013). Proxección en DVD.

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15.

Sala Fernando Rey: Cinema chileno

Xoves 8, venres 9 e sábado 10: La danza de la realidad (Alejandro Jodorowsky, 2013). Proxección en DVD. ATENCIÓN! Xoves 9 proxección inaugural de tempada, entrada gratuíta con convite (a retirar na billeteira do Fórum media hora antes do comezo da sesión).

Xoves 15, venres 16 e sábado 17: Bonsái (Cristian Jiménez, 2011). Proxección en 35mm.

Xoves 22, venres 23 e sábado 24: Gloria (Sebastián Lelio, 2013). Proxección en 35mm.

Xoves 29, sábado 30 e domingo 1: No (Pablo Larraín, 2012). Proxección en 35mm.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30 e 23:00, sábado 17:30 e 20:30.

* * * * *  

Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesión do espectador (venres 22:45/23:00, sábado 17:15/17:30) a 1,5 euros. Venda na billeteira media hora antes de cada función.

venres, 26 de agosto de 2016

Programa de lecer de outono de 2016

FILMOTECA FÓRUM: O NACEMENTO DO CINE

Fórum Metropolitano. Xoves, de 18.30 a 20.00 h. Responsable: Martin Pawley

De maneira monográfica ao longo desde obradoiro exploraremos as primeiras décadas da historia do cine: como naceu, como foron inventando as súas regras e como en poucos anos se converteu nunha arte popular en todo o mundo. Achegarémonos aos gloriosos anos do cine mudo dende diferentes puntos de vista: os cineastas esenciais, os actores e actrices que se converteron en “estrelas”, as vangardas artísticas, os avances tecnolóxicos... Ademais, valoraremos, comentaremos e falaremos da programación das nosas salas e daremos conta das novas da actualidade máis importantes.

-> Información e programa completo do programa de lecer do Fórum Metropolitano, aquí.

O CINEMA: MANUAL DE INSTRUCIÓNS

Centro Ágora. Mércores, de 19.00 a 20.30 h. Responsable: Martin Pawley

Os movementos da cámara, os planos, a montaxe. A invención da linguaxe fílmica. O proceso de creación dunha película. Os xéneros cinematográficos. Os formatos e as pantallas. Ao longo do obradoiro iremos descubrindo algúns “por ques” que nos axudan a entender mellor e desfrutar máis as películas que vemos. Un manual de instrucións abreviado para descifrar algunhas claves da arte das imaxes en movemento. Ademais, repasaremos cada semana o máis valioso da programación cinematográfica da Coruña.

-> Información e programa completo do programa de lecer do Centro Ágora, aquí.

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS OBRADOIROS DO PROGRAMA DE LECER:

Preinscrición: os días 5, 6 e 7 de setembro nas conserxarías do Fórum Metropolitano ou Centro Ágora segundo o caso, ou ben por vía telemática a través do sitio web do Concello. Cada solicitante poderá anotar ata catro obradoiros na ficha; deberase ter en conta que na adxudicación respectarase a orde de preferencia fixada e esta non poderá modificarse unha vez que se realice o sorteo.

Sorteo público: o venres 9 de setembro ás 10 da mañá na conserxaría do Fórum e Ágora, segundo o caso.

Adxudicación de prazas: as listaxes dos obradoiros adxudicados publicarase o luns 12 de setembro a partir das 9:00.

Inscrición: os días 12, 13 e 14 de setembro na conserxaría do Fórum Metropolitano ou Centro Ágora, segundo o caso. Para formalizar a inscrición será necesario aboar en efectivo o importe do obradoiro.

Listaxes de agarda e prazas vacantes: as persoas en listaxe de agarda terán preferencia en ocuparen as prazas non aboadas dese obradoiro, segundo a orde ditada polo sorteo. Terán preferencia aquelas persoas que non obtivesen ningunha praza. Os días 16 e 17 de setembro contactarán vía telefónica coas persoas que estean en listaxe de agarda para saber se continúan interesadas. A partir do 21 de setembro o resto de prazas vacantes poderá ser ocupado polo público en xeral.

Cota de inscrición: 30 € por obradoiro (maiores de 65 anos, 21 €).

Inicio dos obradoiros: a partir do 26 de setembro, no día e hora que lle correspondan a cada obradoiro.

Os obradoiros só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.

martes, 28 de xuño de 2016

Cinenterraza 2016: Cult movies 4

Un ano máis o Fórum Metropolitano presenta en xullo o ciclo Cinenterraza, composto polos seguintes filmes presentados por Javier Trigales e seguidos dun coloquio. As sesións comezan ás 22:30 e o prezo das entradas é de 3 euros (2 euros para maiores de 65 anos, desempregados ou usuarios do carné xove). Importante: Todas as proxeccións do ciclo faranse en DVD.

Mércores 6 de xullo: Lets get lost (Bruce Weber, 1988). Coloquio con Diego Veiga.

Xoves 7 de xullo: Tren de sombras (José Luis Guerin, 1997). Coloquio con Vari Caramés.

Mércores 13 de xullo: King Kong (Merian C. Cooper e Ernest B. Schoedsack, 1933). Coloquio con Julián Hernández.

Xoves 14 de xullo: Faces (John Cassavetes, 1968). Coloquio con Antía Otero.

Mercores 20 de xullo: Aguirre, der zorn gottes (Werner Herzog, 1972). Coloquio con Javier Martín.

Xoves 21 de xullo: Night on Earth (Jim Jarmusch, 1991). Coloquio con Nieves Abarca.

Mércores 27 de xullo: Exit through the gift shop (Banksy, 2010). Coloquio con Victoriano Fernández.

Xoves 28 de xullo: She wore a yellow ribbon (John Ford, 1949). Coloquio con José Manuel López.

venres, 29 de abril de 2016

Programación de maio de 2016 do Fórum Metropolitano

Sala Fernando Rey: Saíndo da fábrica

Xoves 5, venres 6 e sábado 7: La plaga (Neus Ballús, 2013). Proxección en DVD. Na sesión do venres haberá unha charla-coloquio con Héctor Tejón.

Xoves 12, venres 13 e sábado 14: La jaula de oro (Diego Quemada-Díez, 2013). Proxección en 35mm. Na sesión do venres haberá unha charla-coloquio con Carlos Diz.

Xoves 19, venres 20 e sábado 21: Techo y comida (Juan Miguel del Castillo, 2015). Proxección en 35mm. Na sesión do venres haberá charla-coloquio; convidado pendente de confirmación.

Xoves 26, venres 27 e sábado 28: On the waterfront (Elia Kazan, 1954). Proxección en 35mm. Na sesión do venres haberá unha charla-coloquio con Xosé Portela.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30, sábado 17:30 e 20:30. Durante este ciclo suspéndense as proxeccións do venres ás 23h.

Sala Marilyn Monroe: Thriller

Xoves 5, venres 6 e sábado 7: Los canallas (Claire Denis, 2014). Proxección en 35mm.

Xoves 12, venres 13 e sábado 14: Lawless (John Hillcoat, 2012). Proxección en DVD.

Xoves 19, venres 20 e sábado 21: Lady Jane (Robert Guédiguian, 2008). Proxección en 35mm.

Xoves 26, venres 27 e sábado 28: Cut Bank (Matt Shakman, 2015). Proxección en 35mm.

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15.

* * * * *

Entradas: 3 euros (carné da mocidade, maiores de 65 anos e desempregados, 2 euros). Abono 5 filmes por 12 euros. Sesións do espectador, venres 22:45/23:00 e sábados 17:15/17:30, prezo único 1,50 euros. Venta na billeteira media hora antes de cada función.

venres, 15 de abril de 2016

Cinema español no sitio web de RTVE

Entre os moitos e valiosos contidos do sitio web de RTVE merecen especial atención os filmes que poden verse nel de maneira gratuíta e legal. Podedes acceder a eles picando nas seguintes ligazóns:

-Os filmes da semana do programa Historia de nuestro cine.

-A zona web de Filmoteca Española en RTVE.es, con filmes coma Un perro andaluz (Luis Buñuel, 1929), El sexto sentido (Nemesio M. Sobrevila, 1929), El misterio de la Puerta del Sol (Francisco Elías, 1929), Angelina o el honor de un brigadier (Louis King, 1935), Raza (José Luis Sáenz de Heredia, 1941) e El espiritu de una raza (José Luis Sáenz de Heredia, 1950) ou Los habitantes de la casa deshabitada (Gonzalo Delgrás, 1946).

-Los pasos dobles (Isaki Lacuesta, 2011). 

-El muerto y ser feliz (Javier Rebollo, 2012).

-Carmina y revienta (Paco León, 2012).

xoves, 3 de marzo de 2016

Programación do Fórum Metropolitano de marzo de 2016

Sala Fernando Rey: Personaxes

Xoves 3, venres 4 e sábado 5: Quai d'Orsay - Crónicas diplomáticas (Bertrand Tavernier, 2013).

Xoves 10, venres 11 e sábado 12: Fausto (Aleksandr Sokurov, 2011). ATENCIÓN! Proxección única cada día ás 20:30.

Xoves 17, venres 18 e sábado 19: Ciudadano Kane (Orson Welles, 1941). ATENCIÓN! Proxección única cada día ás 20:30.

Proxeccións en 35mm.

Horario xeral da sala Fernando Rey: xoves 20:30, venres 20:30 e 23:00, sábado 17:30 e 20:30 (agás cando se indique outra cousa).

Sala Marilyn Monroe: Retazos de muller

Xoves 3, venres 4 e sábado 5: Curtas de Alexia Muíños, Xisela Franco, Virigina Curiá e Tomás Conde, Olga Osorio, Olaia Sendón e Sonia Méndez. ATENCIÓN! Xoves ás 20:15, venres ás 20:15, sábado ás 17:15 e 20:15. Entrada gratuíta con invitación (media hora antes na billeteira). 

Xoves 10, venres 11 e sábado 12: El mundo abandonado (Margarethe von Trotta, 2015)

Xoves 17, venres 18 e sábado 19: El cumpleaños de Ariane (Robert Guédiguian, 2015).

ATENCIÓN! Todas as proxeccións do ciclo Retazos de muller efectuaranse en DVD.

Horario xeral da sala Marilyn Monroe: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15 (agás cando se indique outra cousa). 



xoves, 4 de febreiro de 2016

Programación de febreiro de 2016 do Fórum Metropolitano

Sala Marilyn Monroe: Cinema nórdico

Xoves 4, venres 5 e sábado 6: Submarino (Thomas Vinterbeg, 2010)

Xoves 11, venres 12 e sábado 13: Una segunda oportunidad (Susanne Bier, 2014)

Xoves 18, venres 19 e sábado 20: Corazón silencioso (Bille August, 2014)

Xoves 25, venres 26 e sábado 27: Blind (Eskil Vogt, 2014)

Proxeccións en 35mm.

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15. 

Sala Fernando Rey: A outra beira

Xoves 4, venres 5 e sábado 6: El club (Pablo Larraín, 2015)

Xoves 11, venres 12 e sábado 13: Refugiado (Diego Lerman, 2014)

Xoves 18, venres 19 e sábado 20: El estudiante (Santiago Mitre, 2011)

Xoves 25, venres 26 e sábado 27: Los insólitos peces gato (Claudia Sainte-Luce, 2013)

ATENCIÓN! Todas as proxeccións do ciclo A outra beira efectuaranse en DVD.

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30 e 23:00, sábado 17:30 e 20:30.

luns, 18 de xaneiro de 2016

O 2015 en filmes: Ana Rodríguez

A miña listaxe de 2015. A orde é de visionado, non de preferencia:

Papusza (Joanna Kos-Krauze e Krzysztof Krauze, 2013)
Deep love (Jan P. Matuszynski, 2013)
Mommy (Xavier Dolan, 2014)
Whiplash (Damien Chazelle, 2014)
Birdman (Alejandro González Iñárritu, 2014)
Jimmy P (Arnaud Desplechin, 2013)
Omar (Hany Abu-Assad, 2013)
El Cielo Gira (Mercedes Alvarez, 2005)
É stato il figlio (Danielle Cipri, 2012)
Tillsammans (Lukas Moodysson, 2000)
Leviatán (Andrei Zvyaganintsev, 2014)
Violette (Martin Provost, 2013)
Pride (Matthew Warchus, 2014)
Shirley, Visiones de una realidad (Gustav Deutsch, 2013)
La Piedra de la Paciencia (Atik Rahimi, 2012)
Le chagrin des oiseaux. Timbuktu (Abderahmane Sissako, 2014)
Suite Française (Saul Dibb, 2014)
A viaxe dos Chévere (Alfonso Zarauza, 2014)
Les héritiers (Marie-Castille Mention-Schaar, 2014)
Phoenix (Christian Petzold, 2014)
J’ai tué ma mère (Javier Dolan, 2009)
Amy Asif Kapadia, 2015)
Una segunda madre (Anna Muylaert, 2015)
Inside Out (Pete Docter, 2015)
My Old Lady (Israel Horovitz, 2014)
Ricki (Jonathan Demme, 2015)
Love is strange (Ira Sachs, 201)
Violeta se fue a los cielos (Andrés Wood, 2011)
Machuca (Andrés Vood, 2014)
En du elsker (Pernille Fisher Christensen, 2014)
Daremo Shiranai (Hirokazu Koreeda, 2004)
Truman (Cesc Gay, 2015)
Our Little Sister (Hirokazu Koreeda, 2015)
As mil e uma noites (Volume I, o Inquieto; Volume II, O desolado e Volume III, O encantado (Miguel Gomes, 2015)
Le bal (Ettore Scola, 1983)
Mita Tova (Tal Granit y Sharon Maymon, 2014)
Nahid (Ida Panahandeh, Arsalan Amiri, 2015)
Difret (Zeresenay Mehari, 2014)
Rams (Grímur Hákonarson, 2015)

Ana Rodríguez. A Coruña, 14 xaneiro 2015.

xoves, 7 de xaneiro de 2016

Programa de ocio da primavera de 2016 no Fórum e Ágora


No Centro Ágora: MÁIS CINEASTAS ESENCIAIS
Mércores, de 19.00 a 20.30 h
Responsábel: Martin Pawley
O cinema cumpre 120 anos e celebrámolo analizando algúns dos creadores e creadoras que se converteron en referencia esencial desta arte. A vida e a obra de grandes cineastas ocupará de maneira monográfica cada sesión. Nomes lendarios coma Ozu, Pasolini ou Mizoguchi mais tamén autores en activo coma Werner Herzog, Tsai Ming-Liang ou Agnes Varda, entre outros, serán obxecto de atención nun obradoiro en que ademais seguiremos repasando a programación das salas de cinema da nosa cidade e a actualidade dos festivais de cinema máis importantes.

Ver información sobre procedemento e prazos de inscrición no Centro Ágora.

No Fórum Metropolitano: FILMOTECA FÓRUM
Xoves, de 18.30 a 20.00 h.
Responsábel: Martin Pawley
Unha aproximación ao mellor cine de onte e de hoxe, con especial atención aos autores e xéneros que non chegan ás salas comerciais. Valoraremos, comentaremos e falaremos da programación das nosas salas, desde todos os puntos de vista: ademais de repasar as novas de actualidade e os festivais de cine máis importantes, tocaremos os debates que se están xerando no eido da produción e distribución cinematográfica.

Ver información sobre procedemento e prazos de inscrición no Fórum Metropolitano.

mércores, 6 de xaneiro de 2016

O 2015 en filmes: Consuelo Mariño

El orden es de visionado,no de preferencia, e incluyo solo películas que vi en cine (comercial, CGAI, Fórum, Cineuropa) y estrenadas entre 2014 y 2015:

Mommy (Xavier Dolan, 2014)

Adios al lenguaje (Jean-Luc Godard, 2014)

Boyhood (Richard Linklater, 2014)

Viaje a Sils Maria (Olivier Assayas, 2014)

La profesora de parvulario (Nadav Lapid, 2014)

Inside out (Pete Docter, Ronnie Del Carmen, 2014)

Spectre (Sam Mendes, 2015)

As mil e uma noites, Vol I: O inquieto, Vol II: O desolado (Miguel Gomes, 2015)

Los exiliados románticos (Jonás Trueba, 2015)

Rams (Grímur Hákonarson, 2015)

Macbeth (Justin Kurzel, 2015)

Consuelo Mariño

luns, 4 de xaneiro de 2016

Programación de xaneiro de 2016 do Fórum Metropolitano

Sala Marilyn Monroe: Estreas en V.O.

Xoves 7, venres 8 e sábado 9: Phoenix (Christian Petzold, 2014)

Xoves 14, venres 15 e sábado 16: The Congress (Ari Folman, 2013)

Xoves 21, venres 22 e sábado 23: White God (Kornel Mundruczo, 2014)

Xoves 28, venres 29 e sábado 30: Shortbus (John Cameron Mitchell, 2006)

Horarios: xoves 20:15, venres 20:15 e 22:45, sábado 17:15 e 20:15. 

Sala Fernando Rey: Feito en Francia

Xoves 7, venres 8 e sábado 9: Mi padre es ingeniero (Robert Guédiguian, 2004)

Xoves 14, venres 15 e sábado 16: El precio de la fama (Xavier Beauvois, 2014)

Xoves 21, venres 22 e sábado 23: Regreso a Ítaca (Lauren Cantet, 2014)

Xoves 28, venres 29 e sábado 30: El pasado (Asghar Farhadi, 2014)

Horarios: xoves 20:30, venres 20:30 e 23:00, sábado 17:30 e 20:30.

O 2015 en filmes: Luz Lugrís

A orde é de visionado cronolóxico non de preferencia:

Jauja (Lisandro Alonso, 2014): enigmática, misteriosa.

Saraband (Ingmar Bergman, 2003): repaso ás miserias que esconden as historias familiares, o paso do tempo, a soidade...

El color que cayó del cielo (Sergio Wolf, 2014): película que amosa a paixón e entrega coa que algúns se entregan a causas que para a inmensa maioría son de nulo interés.

Leviatán (Andrey Zvyagintsev, 2014): as tres películas que vin deste director son maxistrais.

Phoenix (Christian Petzold, 2014)

Policía en Israel (Nadav Lapid, 2011) + La profesora de parvulario (Nadav Lapid, 2014): interesante a habilidade deste director para presentar o poliédrica que é calquera situación ou problema, nada é plano.

Antes del anochecer (Richard Linklater, 2013) foi a primeira película que vin deste director. Marabilláronme eses longuísimos planos-secuencia cuns diálogos tan brillantes, así que me faltou tempo para ver as dúas anteriores.

Antes del amanecer (Richard Linklater, 1995): deliciosa e nostálxicos recordos de xuventude.

Antes del atardecer (Richard Linklater, 2004): gozoso reencontro e novamente brillantes diálogos e momentos inolvidables como cando suben ao piso dela e acompañada dunha guitarra lle canta unha canción na que a letra expresa ás claras os seus sentimentos.

Bernie (Richard Linklater, 2011): non cabe duda que me encanta este director así como o actor que encarna a Bernie, Jack Black, nesta comedia negra.

The Grandmaster (Wong Kar-Wai, 2013): é un director que me rechifla, película tan elegante e fermosa que atrapa.

In the mood for love (Wong Kar-Wai, 2000): visualmente prodixiosa, a utilización da música exquisita acompañando os movementos dos personaxes.

La mirada del silencio (Joshua Oppenheimer, 2014): descorazonador testimonio de que as vñitimas e  supervivintes de represións políticas xamais son reparadas do seu sufrimento, pola contra seguen a vivir con medo.

Memoria oculta (Eva Villaseñor, 2014): relato dun momento doloroso do que a directora non ten recordo e quere recuperar coa axuda dunha amiga, do irmán e da nai. Sorprende o xeito en que os os tres parecen estar acorralados, sen escapatoria, nun triángulo, nun círculo e nun paralelepípedo respectivamente así como que do irmán non mostra o seu rostro como querendo preservalo por ter el tamén unha personalidade complicada.

Navajazo (Ricardo Silva, 2014): durísima historia de personas que loitan por sobrevivir no inferno.

El corral y el viento (Miguel Hilari, 2014): outra durísima historia a destas personas condenadas a vivivr existencias miserables sen outra compañía ca dos animais que coidan e o vento.

Luz Lugrís

domingo, 3 de xaneiro de 2016

O 2015 en filmes: Elena Rilo

Lista sin orden de preferencia:

El Clan (Pablo Trapero, 2015)

El desconocido (Dani de la Torre, 2015)

Macbeth (Justin Kurzel, 2015)

La profesora de parvulario (Nadav Lapid, 2014)

Descifrando enigma (Mortem Tyldum, 2014)

Relatos salvajes (Damian Szifron, 2014)

Elena Rilo (Leni)