luns, 9 de marzo de 2015

James Benning



O cineasta James Benning visitará o CGAI a finais de marzo. O sábado 28 de marzo manterá un coloquio con Lois Patiño arredor do seu filme Ruhr. Dous días despois, o luns 30 de marzo, impartirá unha masterclass en inglés baixo o título Two Cabins en horario de 11 a 13h e de 17 a 19:30. A entrada será libre até completar capacidade do recinto (pódese reservar praza con antelación; máis información no sitio web da Filmoteca de Galicia). En paralelo desenvolverase un ciclo que nos permitirá ver outras longas entre as súas máis recentes: Twenty Cigarettes (2011), One Way Boogie Woogie (versión 2012), Natural History (2014) e Farocki (2014), así como varias curtas feitas entre 2013 e 2015.

para saber máis: anotacións sobre James Benning no blog Acto de Primavera.

-Artigo longo sobre a etapa 16mm de James Benning.

-Sobre o filme RR.

-Dúas columnas en Xornal de Galicia: unha breve presentación do autor na súa primeira visita á Coruña e outra sobre o seu salto ao vídeo dixital

-Place, time and derivatives (en inglés), texto para o catálogo do Festival de Bradford.

-Un texto de James Benning para a serie Life in film.

-As matemáticas de natural history.

O plano