luns, 29 de decembro de 2014

O 2014 en filmes: Rafael Rubio

Envío las diez mejores peliculas para mi del año, sin estar ordenadas por orden de preferencia:

El gran hotel Budapest (Wes Anderson). Una pequeña joya. Deslumbrante visualmente y entrañable.

La gran belleza (Paolo Sorrentino). La mezcla perfecta: la belleza de Roma y la fugacidad de la vida.

Ida (Pawel Pawlikowski). Su exquisita estética te envuelve en la trama y produce un efecto hipnótico.

Relatos salvajes (Damián Szifron). Brillante manera de hacer cine en seis episodios sobre la violencia humana.

Boyhood (Richard Linklater). Una experiencia excepcional, la vida hecha cine.

Magical girl (Carlos Vermut). Algo nacional. Lograda comedia negra, impactante y rica en contenidos.

Perdida (David Fincher). El gran talento narrativo de Fincher en un thriller que apasiona.

Winter Sleep (Nuri Bilge Ceylan). Inmensa y absorbente obra de arte de más de tres horas.

Dos días, una noche (Hermanos Dardenne). Honesta muestra de cine social sin maniqueísmos.

Coherence (James Ward Byrkit). Original. Singular manera de contar el problema de “el gato de Schrodinger”

Saludos,

Rafael Rubio

martes, 23 de decembro de 2014

O 2014 en filmes: Luz Lugrís

Esta é a miña lista de películas do 2014, unhas disfrutadas no taller, outras no CGAI, outras nas salas do Fórum, algunhas revisitadas e a maioría descubertas ao longo do ano. Felices Festas e bo cine para tod@s!

A corner in wheat (David Wark Griffith, 1909): película muda sobre a cobiza de rabiosa actualidade, sempre.

Little fugitive (Ray Ashley, Morris Engel e Ruth Orkin, 1953): entretida e tenra historia a do pequeno Joey que é vítima dunha cruel broma do irmán e os seus amigos.

Senderos de gloria (Stanley  Kubrick, 1957): son varias as veces que disfrutei desta antibelicista e demoledora película.

Wedlock House: an intercourse + Window water baby moving (1959) + The Pittsburgh Documents: Eyes / Deus Ex / The act of seeing with one's own eyes (1971): fantástica lección de anatomía humana; parto natural e autopsia, sen adorno nin morbo, aséptico.

Toro salvaje (Martin  Scorsese, 1980):  un clásico revisitado que segue atrapando de principio a fin.

Madre e hijo (Alexander Sokurov, 1997): fermosa historia de amor filial que, seguramente polo xeito de filmar de Sokurov deformando os personaxes, suxería un amor enfermizo do fillo pola nai nas súas derradeiras horas.

Beau travail (Claire Denis, 1999): luminosa e fermosa película de temática militar na que se mostra a tensa relación entre un sarxento e un soldado. Fantástico Denis Lavant,

Three times (Hou Hsiao Hsien, 2005): esteticamente moi fermosa pero das tres historias quedo coa primeira por delicada e mellor construída.

Still walking (Hirokazu Koreeda, 2008): interesante reunión familiar con encontros, desencontros, resentimentos e como ás veces é mais doado achegarse e entenderse cos alleos que cos do mesmo sangue.

Elena (Andrei Zvyagintsev, 2011): tensa, elegante e fría, gustoume tanto que volvín vela ao día seguinte.

La caza (Thomas Vinterberg, 2012): ou con que facilidade un bulo adquire carácter de verdade irrefutable e arruína o honor dun individuo

A mãe e o mar (Gonçalo Tocha, 2013): sinto debilidade por este director, as súas propostas nunca me decepcionan, sempre delicadas e elegantes.

Edificio España (Víctor Moreno, 2013): magnífico documental sobre a demolición interior dun emblemático edificio con espléndidos planos como aquel momento da comida dos obreiros ocupando sillóns arredor dunha longa mesa da outrora luxosa sala de reunións onde a miúdo se toman decisións que amolan á maioría e favorecen aos de sempre.

El desconocido del lago (Alain  Guiraudie, 2013): con esta película fun consciente de que con poucas localizacións se pode contar unha historia fascinante.

Ida (Pawel Pawlikowski, 2013): gustoume moito esta triste historia familiar que Ida vai descubrir da man dunha tía así como o xeito de filmar planos con moito aire aplastando aos personaxes.

La imagen perdida (Rithy Panh, 2013): fermosísima e delicada maneira de filmar as atrocidades, o espanto mais absoluto que se viviu na Camboxa de Pol Pot. Conmoveume fondamente.

La última película (Raya  Martin, Mark Peranson, 2013): por fresca e diferente gustoume esta historia dese director de cine empeñado en facer a última película.

E sen que sirva de precedente quixera facer mención dunha serie que tiven no verán oportunidade de descubrir na súa reposición, trátase de La forja de un rebelde, atrapoume e emocionoume a historia de Arturo Barea e as vicisitudes da súa vida, así como a ambientación dese momento da nosa historia.

Luz Lugrís