luns, 29 de decembro de 2014

O 2014 en filmes: Rafael Rubio

Envío las diez mejores peliculas para mi del año, sin estar ordenadas por orden de preferencia:

El gran hotel Budapest (Wes Anderson). Una pequeña joya. Deslumbrante visualmente y entrañable.

La gran belleza (Paolo Sorrentino). La mezcla perfecta: la belleza de Roma y la fugacidad de la vida.

Ida (Pawel Pawlikowski). Su exquisita estética te envuelve en la trama y produce un efecto hipnótico.

Relatos salvajes (Damián Szifron). Brillante manera de hacer cine en seis episodios sobre la violencia humana.

Boyhood (Richard Linklater). Una experiencia excepcional, la vida hecha cine.

Magical girl (Carlos Vermut). Algo nacional. Lograda comedia negra, impactante y rica en contenidos.

Perdida (David Fincher). El gran talento narrativo de Fincher en un thriller que apasiona.

Winter Sleep (Nuri Bilge Ceylan). Inmensa y absorbente obra de arte de más de tres horas.

Dos días, una noche (Hermanos Dardenne). Honesta muestra de cine social sin maniqueísmos.

Coherence (James Ward Byrkit). Original. Singular manera de contar el problema de “el gato de Schrodinger”

Saludos,

Rafael Rubio

martes, 23 de decembro de 2014

O 2014 en filmes: Luz Lugrís

Esta é a miña lista de películas do 2014, unhas disfrutadas no taller, outras no CGAI, outras nas salas do Fórum, algunhas revisitadas e a maioría descubertas ao longo do ano. Felices Festas e bo cine para tod@s!

A corner in wheat (David Wark Griffith, 1909): película muda sobre a cobiza de rabiosa actualidade, sempre.

Little fugitive (Ray Ashley, Morris Engel e Ruth Orkin, 1953): entretida e tenra historia a do pequeno Joey que é vítima dunha cruel broma do irmán e os seus amigos.

Senderos de gloria (Stanley  Kubrick, 1957): son varias as veces que disfrutei desta antibelicista e demoledora película.

Wedlock House: an intercourse + Window water baby moving (1959) + The Pittsburgh Documents: Eyes / Deus Ex / The act of seeing with one's own eyes (1971): fantástica lección de anatomía humana; parto natural e autopsia, sen adorno nin morbo, aséptico.

Toro salvaje (Martin  Scorsese, 1980):  un clásico revisitado que segue atrapando de principio a fin.

Madre e hijo (Alexander Sokurov, 1997): fermosa historia de amor filial que, seguramente polo xeito de filmar de Sokurov deformando os personaxes, suxería un amor enfermizo do fillo pola nai nas súas derradeiras horas.

Beau travail (Claire Denis, 1999): luminosa e fermosa película de temática militar na que se mostra a tensa relación entre un sarxento e un soldado. Fantástico Denis Lavant,

Three times (Hou Hsiao Hsien, 2005): esteticamente moi fermosa pero das tres historias quedo coa primeira por delicada e mellor construída.

Still walking (Hirokazu Koreeda, 2008): interesante reunión familiar con encontros, desencontros, resentimentos e como ás veces é mais doado achegarse e entenderse cos alleos que cos do mesmo sangue.

Elena (Andrei Zvyagintsev, 2011): tensa, elegante e fría, gustoume tanto que volvín vela ao día seguinte.

La caza (Thomas Vinterberg, 2012): ou con que facilidade un bulo adquire carácter de verdade irrefutable e arruína o honor dun individuo

A mãe e o mar (Gonçalo Tocha, 2013): sinto debilidade por este director, as súas propostas nunca me decepcionan, sempre delicadas e elegantes.

Edificio España (Víctor Moreno, 2013): magnífico documental sobre a demolición interior dun emblemático edificio con espléndidos planos como aquel momento da comida dos obreiros ocupando sillóns arredor dunha longa mesa da outrora luxosa sala de reunións onde a miúdo se toman decisións que amolan á maioría e favorecen aos de sempre.

El desconocido del lago (Alain  Guiraudie, 2013): con esta película fun consciente de que con poucas localizacións se pode contar unha historia fascinante.

Ida (Pawel Pawlikowski, 2013): gustoume moito esta triste historia familiar que Ida vai descubrir da man dunha tía así como o xeito de filmar planos con moito aire aplastando aos personaxes.

La imagen perdida (Rithy Panh, 2013): fermosísima e delicada maneira de filmar as atrocidades, o espanto mais absoluto que se viviu na Camboxa de Pol Pot. Conmoveume fondamente.

La última película (Raya  Martin, Mark Peranson, 2013): por fresca e diferente gustoume esta historia dese director de cine empeñado en facer a última película.

E sen que sirva de precedente quixera facer mención dunha serie que tiven no verán oportunidade de descubrir na súa reposición, trátase de La forja de un rebelde, atrapoume e emocionoume a historia de Arturo Barea e as vicisitudes da súa vida, así como a ambientación dese momento da nosa historia.

Luz Lugrís

mércores, 26 de novembro de 2014

Programación de decembro do Fórum Metropolitano

Sala Marilyn Monroe: Dereitos Humanos

4, 5 e 6: 14 kilómetros (Gerardo Olivares, 2007)

11, 12 e 13: La vendedora de rosas (Víctor Gaviria, 1998)

18, 19 e 20: Amerrika (Cherien Dabis, 2009)  

Sala Fernando Rey: Cinema australiano

4: Picnic en Hanging Rock (Peter Weir, 1975)

5: El año que vivimos peligrosamente (Peter Weir, 1982)

6: Priscilla, reina del desierto (Stephen Elliott, 1994)

11: Lantana (Ray Lawrence, 2001)

12: Gallipoli (Peter Weir, 1981)

13: Wake in fright (Ted Kotcheff, 1971)

18: Jinetes de leyenda (Simon Wincer, 1987)

19: Consejo de guerra (Bruce Beresford, 1980)

20: Animal Kingdom (David Michod, 2010)


Comité organizador: J.Miguel Alonso Giráldez (UDC / ASBA), Eduardo Barros Grela (UDC), Sonia Lorenzo Cabanelas (Vicepresidenta de ASBA)

Entidades participantes: Embajada Australiana, Australia Spain Businnes Association (ASBA), Forum Metropolitano, Factultade de Filoloxía de la Universidad da Coruña.

Os filmes do ciclo de cinema australiano proxectaranse en DVD. A entrada será gratuíta. As invitacións poderán recollerse na billeteira media hora antes de cada pase.

domingo, 26 de outubro de 2014

Outra historia do cinema: Mapamundi do cinema contemporáneo



50 países e 50 cineastas do noso tempo. Os títulos marcados "en negra" en cada páxina forman parte do catálogo da Biblioteca do Fórum Metropolitano.

martes, 21 de outubro de 2014

Mesa redonda: outra historia do cinema


No marco das actividades que ao longo do mes de outubro desenvolve a Biblioteca do Fórum Metropolitano, hoxe martes 21 de outubro ás 19:00 terá lugar unha mesa redonda coa participación de Xabier P. Docampo (escritor e cinéfilo), Uxía Villarino (profesora e cinéfila) e Martin Pawley (programador, crítico, produtor e cinéfilo). A entrada é libre.

venres, 3 de outubro de 2014

"Costa da Morte" de Lois Patiño: críticas e entrevistas

Unha compilación de críticas, artigos e entrevistas aparecidas ao longo dos meses sobre Costa da Morte de Lois Patiño:


Jordi Costa en El País

Philip Engel en Fotogramas 

Carlos Reviriego en El Cultural

Antonio Weinrichter en ABC

Gonzalo de Pedro en Sensacine

Violeta Kovacsic en Número Cero

Rubén Collazos en Cine Maldito 

Aaron Cutler en Cinemascope 

Roger Koza en Con los Ojos Abiertos / La Voz del Interior ( + entrevista )

Diego Lerer en Micropsia

Diego Batlle en Otros Cines

Michael Pattison en Filmuforia

Daniel Walber en Nonfics

James Lattimer en Slant Magazine

Liliana Sáez en El espectador imaginario

Rebecca Naughten en Eye for film

Jonathan Holland en Hollywood Reporter

Hannah Giles en The London Film Review

Manuel Cruz en Corre cámara

Gary Collinson en Flickering myth

Glenn Dunks en The Film Experience

Roy Stafford en The case of global film

Carlos Rentería en Cine Encuentro ( + entrevista )

Sebastián Morales Escoffier en Cinemascine ( + entrevista )

X. Ameixeiras en La Voz de Galicia

Miguel Martín Maestro en Culturamas

Lorenzo Chedas en Compás da Costa

Fede Montornes no seu blog

Entrevista de Israel Martínez en Galeradas

Manuel Broullón en Der Blaue Reiter

martes, 30 de setembro de 2014

Outra historia do cinema

A historia do cinema, tal e como nola contaron sempre, tende a ser lineal, masculina e occidental. A cada etapa sucédelle outra, coma se fosen chanzos dunha escaleira de sentido único; non parece haber máis cinema có americano e europeo de tramas claramente novelescas, con algún toque exótico oriental; e os directores, guionistas e produtores adoitan ser homes (por suposto brancos).

Mais a verdadeira historia é outra: está inzada de mulleres que crearon obras indispensábeis, ábrese dende a súa mesma orixe a formas non narrativas e ramifícase por todo o planeta para alimentarse de culturas, linguas, paisaxes e maneiras de entender o mundo moi diferentes. O cinema é un e moitos á vez.

Ao longo do mes de outubro o Fórum Metropolitano celebra o cinema na súa diversidade, o seu glorioso pasado e o seu presente igualmente luminoso.

Martin Pawley
Biblioteca Municipal Forum Metropolitano, do 1 ao 31 de outubro.

Paseo das estrelas
Os corredores da Biblioteca convértense durante todo o mes de outubro nun auténtico “paseo das estrelas” ao máis puro estilo hollywoodense no que as protagonistas son "elas", algunhas das grandes mulleres do mundo do cinema ao longo da historia: directoras, guionistas, actrices... O martes 7 de outubro ás 19:00 h. faremos unha visita guiada na compaña de Martin Pawley.

Cineastas do mundo
A través dun mapamundi o “espectador” poderá ser partícipe da diversidade fílmica que existe nos cinco continentes. A modo de panel interactivo será o “espectador” quen descubra, coa axuda dunhas pequenas pinceladas biográficas, a identidade nacional de cincuenta cineastas dos nosos días.

Caixa dos desexos
Farémonos eco dos teus desexos máis cinéfilos. Poderasnos deixar por escrito as suxerencias de todos aqueles filmes que che gustaría ver ou que quixeras ter na biblioteca.

Mesa redonda: outra historia do cinema
Biblioteca Municipal Forum Metropolitano, 21 de outubro ás 19:00 h. Participantes: Martin Pawley (programador, crítico e produtor de cinema); José Manuel Sande (programador do CGAI, crítico e historiador de cinema, guionista e produtor de Arraianos); Xabier P. Docampo (escritor e cinéfilo) e Uxía Villarino (profesora e cinéfila).

Mostra bibliográfica

Ciclo de cinema: OUTRA HISTORIA DO CINEMA
Sala Fernando Rey. Ver detalle de programación neste link.

3 minutos: obradoiro de edición de curtametraxes
13, 20 e 27 de outubro ás 19:00 h. Dirixido a nenos de 12 a 16 anos con inscrición previa: do 29 de setembro ao 10 de outubro no mostrador da biblioteca, no tlf. 981 184 298 ou mediante correo electrónico. A partir dunha chuvia de ideas e propostas previas rodaranse as curtametraxes usando diversas técnicas ademais da imaxe real: debuxo, stop motion... Os nenos aprenderán todo o proceso de montaxe e edición de vídeo, o uso de efectos sonoros e voces así como a gravación de música. Ao finalizar cada participante terá a súa copia en formato dixital.

venres, 26 de setembro de 2014

Estrea en salas de "Costa da Morte"

O multipremiado filme de Lois Patiño, exhibido en setenta festivais en perto de corenta países, chega por fin ás salas comerciais españolas. Costa da Morte pode verse dende hoxe nestes lugares:

A CORUÑA: Cantones Cines. Venres e sábado, 16:00 / 18:10 / 00:30; domingo, 16:00 / 18:10; de luns a xoves, 18:10. Sitio web.

CEE: Xunqueira Cines. Venres 20:40 / 23:15; sábado 20:00 / 22:30; domingo 20:40, 23:00; de luns a xoves 20:15 / 22:45. Sitio web

FERROL: Cine Dúplex. Sesión 20:30 / 22:45. Sitio web.

VIGO: Multicines Norte. Sesión 20:30 / 23:00. Sitio web.

MADRID: Cineteca Matadero. Consultar horario no sitio web.

MAJADAHONDA: Cines Zoco. Consultar horario no sitio web.

MÁLAGA: Cine Albéniz. Sesión 20:55. Sitio web.

BARCELONA: Zumzeig Cines. Consultar horario no sitio web.

"Perder la razón" na Sala Marilyn Monroe

O filme de Ira Sachs previsto para esta semana, Keep the lights on, tivo que ser finalmente substituído por outro ben diferente, Perder la razón de Joachim Lafosse, que poderá verse na Sala Marilyn Monroe dende hoxe venres. Este é o trailer:


xoves, 11 de setembro de 2014

Estreas en VO: "Ida" (Pawel Pawlikowski, 2013)

"Poco antes de tomar sus votos, una joven novicia, Anna (Agata Trzebuchowska), es autorizada a salir del convento para conocer a una tía, su único familiar vivo. A los pocos minutos Anna sabrá que en realidad su nombre es otro, Ida Lebenstern, y que su origen es judío. También que sus padres fueron asesinados en el transcurso de la Segunda Guerra Mundial, en circunstancias no aclaradas. Se lo cuenta, casi como una especie de ajuste de cuentas, su propia tía, Wanda (Agata Kulesza), una jueza que en tiempos fue conocida como Wanda la Roja por la implacabilidad con la que perseguía a los enemigos del régimen. Bajo su cinismo y su afición a la bebida, el tabaco y los hombres, parece disimular su hastío, probablemente también el cansancio de haber ocultado sus orígenes, su propia tragedia, durante tantos años. Estamos en la Polonia del régimen comunista, en los años sesenta, época que Pawel Pawlikowski retrata como nuestro propio imaginario del cine polaco de aquellos tiempos es capaz de recrear: en blanco y negro y formato 1:1,33" (Jaime Pena, Caimán-Cuadernos de Cine).

Ler crítica completa no sitio web de Caimán-Cuadernos de Cine.

“Existen varias razones para el uso del blanco y negro, aunque, inicialmente no suelo pensar demasiado en eso. En primer lugar, porque imaginaba la historia de esa manera, las imágenes me venían así, los recuerdos que tengo de mi infancia me llegaban en blanco y negro, tal vez porque los álbumes de fotos de familia y los archivos de la época también remiten a esos colores. En segundo lugar, porque quería hacer un filme contemplativo y atemporal, de ahí no sólo el uso del B/N, sino también de la cámara estática y del formato; me interesaba hacer una película que, aunque está encuadrada dentro de un contexto histórico determinado, fuera intemporal y universal”.

Ler entrevista completa a Pawel Pawlikowski no sitio web de Caimán-Cuadernos de Cine.

Ida proxéctase na Sala Marilyn Monroe o xoves 11 (20:15), venres 12 (20:15 e 22:45) e sábado 13 (17:15 e 20:15). Na Sala Fernando Rey prosegue o ciclo dedicado a Ecuador cos filmes A tus espaldas e Labranza oculta. A programación completa de setembro, aquí.

mércores, 3 de setembro de 2014

Inscrición no taller do Fórum de outono

Taller: FILMOTECA FÓRUM
Día e hora: xoves de 18:30 a 20:00h. 

Responsábel: Martin Pawley 
Descrición: Unha aproximación ao mellor cinema de onte e de hoxe, con especial atención aos autores e xéneros que non chegan ás salas comerciais. Valoraremos, comentaremos e falaremos da programación das nosas salas, desde todos os puntos de vista: ademais de repasar as noticias de actualidade e os festivais de cinema máis importantes trataremos os debates que se están producindo no ámbito da produción e distribución cinematográfica.

CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS TALLERES DO PROGRAMA DE LECER

PREINSCRICIÓN:
Os días 8, 9 e 10 de setembro na conserxería do Forum de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h. Cada solicitante poderá anotar até catro talleres na ficha, tendo en conta que na adxudicación se respectará a orde fixada polo solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez se realice o sorteo. Cada solicitante recibirá un número que servirá para o sorteo.

SORTEO PÚBLICO:
Xoves 11 de setembro, ás 10:00 h. na conserxería do Forum.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
As listaxes dos talleres adxudicados publicaranse o luns 15 de setembro a partir das 9:00 h, no Forum, nas distintas webs municipais de Cultura e no servizo telefónico 010. A partir do número extraído no sorteo asignaranse as prazas en cada taller, asignando ao maior número de persoas polo menos un taller. Adxudicaranse un máximo de dous talleres por persoa.

INSCRICIÓN:
Os días 15, 16 e 17 de setembro na conserjería do Forum de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h. Para formalizar a inscrición será necesario aboar en efectivo o importe do taller correspondente. As prazas adxudicadas só poderán ser ocupadas polos agraciados no sorteo. As prazas non aboadas durante estes días adxudicaranse ás persoas en lista de espera.

LISTAXE DE ESPERA E PRAZAS VACANTES:
As persoas en lista de espera dun taller terán preferencia en ocupar as prazas non aboadas do mesmo, sendo adxudicadas por orde do sorteo con preferencia para os que non obtivesen ningunha praza. Os días 18 e 19 de setembro porémonos en contacto vía telefónica só con aquelas persoas que estean en listaxe de espera para saber se continúan interesadas en inscribirse nos talleres solicitados. Terán que formalizar a inscrición, aboando a mesma, os días 22 e 23 de setembro. A partir do 24 de setembro e despois deste proceso, o resto de prazas vacantes poderán ser ocupadas polo público en xeral inscribíndose e aboando as mesmas por orde de chegada nos horarios indicados anteriormente.

COTA DE INSCRICIÓN:
30€ por taller (maiores de 65 anos, 15€).

INICIO DOS TALLERES:
A partir do 29 de setembro, no día e hora que correspondan a cada taller. Os talleres só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.

Inscrición no taller do Ágora de outono

Taller: DIRECTORAS DE PELÍCULA
Día e hora: ATENCIÓN! Mércores de 19:00 a 20:30 h. 

Responsábel: Martín Pawley.
Descrición: Son moitas as mulleres que ao longo da historia do cinema se puxeron detrás do obxectivo de forma maxistral para transmitirnos a súa visión do mundo. Nesta ocasión, a súa figura e as súas obras servirannos de fío condutor para tratar distintas cuestións coma o repaso de noticias e a actualidade dos festivais de cinema máis importantes.


CONDICIÓNS PARA PARTICIPAR NOS TALLERES DO PROGRAMA DE LECER

PREINSCRICIÓN:
Os días 8, 9 e 10 de setembro na conserxería do Ágora de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h. Cada solicitante poderá anotar até catro talleres na ficha, tendo en conta que na adxudicación se respectará a orde fixada polo solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez se realice o sorteo. Cada solicitante recibirá un número que servirá para o sorteo.

SORTEO PÚBLICO:
Xoves 11 de setembro, ás 12:00 h. na conserxería do Ágora.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS:
As listaxes dos talleres adxudicados publicaranse o luns 15 de setembro a partir das 9:00 h no Ágora, nas distintas webs municipais de Cultura e no servizo telefónico 010. A partir do número extraído no sorteo asignaranse as prazas en cada taller, asignando ao maior número de persoas polo menos un taller. Adxudicaranse un máximo de dous talleres por persoa.

INSCRICIÓN:
Os días 15, 16 e 17 de setembro na conserxería do Ágora de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h. Para formalizar a inscrición será necesario aboar en efectivo o importe do taller correspondente. As prazas adxudicadas só poderán ser ocupadas polos agraciados no sorteo. As prazas non aboadas durante estes días adxudicaranse ás persoas en lista de espera.

LISTAXE DE ESPERA E PRAZAS VACANTES:
As persoas en lista de espera dun taller terán preferencia en ocupar as prazas non aboadas do mesmo, sendo adxudicadas por orde do sorteo con preferencia para os que non obtivesen ningunha praza.
Os días 18 e 19 de setembro porémonos en contacto vía telefónica só con aquelas persoas que estean en listaxe de espera para saber se continúan interesadas en inscribirse nos talleres solicitados. Terán que formalizar a inscrición, aboando a mesma, os días 22 e 23 de setembro. A partir do 24 de setembro e despois deste proceso o resto de prazas vacantes poderán ser ocupadas polo público en xeral inscribíndose e aboando as mesmas por orde de chegada nos horarios indicados anteriormente.

COTA DE INSCRICIÓN:
30€ por taller (maiores de 65 anos, 15€).

INICIO DOS TALLERES:
A partir do 29 de setembro, no día e hora que correspondan a cada taller. Os talleres só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.

mércores, 30 de xullo de 2014

Michelangelo Antonioni nas Bibliotecas Municipais


Tal día coma hoxe de hai sete anos morría Michelangelo Antonioni, nunha xornada tráxica para o cinema na que tamén despedimos a Ingmar Bergman. Repasamos a obra do cineasta italiano presente nas bibliotecas municipais:

Las amigas (1955): Biblioteca de Monte Alto.

La aventura (1960): Bibliotecas do Fórum e Sagrada Familia.

La noche (1961): Biblioteca da Sagrada Familia.

El eclipse (1962): Biblioteca do Ágora.

Blow up (1966): Bibliotecas do Ágora, Sagrada Familia, Castrillón, Os Rosales e Monte Alto.

martes, 15 de xullo de 2014

Filmes de Akira Kurosawa na Biblioteca do Fórum


Akira Kurosawa (1910-1998) foi -e aínda é- o director xaponés máis coñecido en Occidente. A Biblioteca do Fórum Metropolitano ten no seu catálogo unha boa mostra da filmografía desta lenda do cinema mundial. Velaí vai a listaxe de títulos:

La más bella (1944)
La leyenda del gran judo (1945)
Los hombres que caminan sobre la cola del tigre (1945) 
El ángel ebrio (1948)
El perro rabioso (1949)
Duelo silencioso (1949)
Rashomon (1950)
Vivir (1952)
Los siete samurais (1954)
Crónica de un ser vivo (1955)
Los bajos fondos (1957)
Trono de sangre (1957)
La fortaleza escondida (1958)
Los canallas duermen en paz (1960)
Yojimbo (1961)
Sanjuro (1962)
El infierno del odio (1963)
Barbarroja (1965)
Dodes'ka-den (1970)
Dersu Uzala (1975)
Ran (1985)
Madadayo (1993)

martes, 1 de xullo de 2014

Ingmar Bergman na biblioteca do Fórum Metropolitano


A obra do mítico cineasta sueco Ingmar Bergman (1918-2007) está hoxe por hoxe moi ben representada na biblioteca do Fórum Metropolitano. Esta é a listaxe de títulos dispoñíbeis:

Filmes:

Crisis (1946)
Ciudad portuaria (1948)
Música en la oscuridad (1948)
La sed (1949)
Prisión (1949)
Hacia la felicidad (1950)
Juegos de verano (1951)
Tres mujeres (1952)
Un verano con Mónica (1953)
Noche de circo (1953)
Sonrisas de una noche de verano (1955)
El séptimo sello (1957)
Fresas salvajes (1957)
El rostro (1958)
El manantial de la doncella (1960)
Como en un espejo (1961)
El silencio (1963)
Los comulgantes (1963)
Esas mujeres (1964)
Persona (1966)
La hora del lobo (1968)
La vergüenza (1968)
Pasión (1969)
El rito (1969)
Gritos y susurros (1972)
Secretos de un matrimonio (1973)
Sonata de otoño (1978)
Fanny y Alexander (1982)
Saraband (2003)


Libros:

Imágenes. Tusquets, 1992.
Linterna mágica. Tusquets, 1992.
Secretos de un matrimonio y Saraband. Tusquets, 2007.

xoves, 26 de xuño de 2014

"Cult-movies" en Cinenterraza 2014

CULT-MOVIES. Año dos.

"La película de culto no nace. Se hace. La inventan los pocos espectadores que asisten a su estreno y se ven deslumbrados por un cine adelantado a su tiempo. El secreto corre de boca en boca como la pólvora (más ahora, gracias a Internet y a las redes sociales), y poco a poco un grupo cada vez más numeroso rinde pleitesía a una serie de títulos que llegan impolutos a nuestro presente. Para el cine de culto el tiempo es un aliado. Los años confirman lo que pocos vieron entonces: que estamos ante películas rompedoras, polémicas y desestabilizadoras, pero sobre todo, grandes películas. Gran cine.

El Forum Metropolitano os propone, un año más, uniros al grupo de culto y descubrir el
cine de autores como Michael Haneke, Jim Jarmusch o David Lynch. Para ello contaremos con invitados de excepción con los que debatiremos tras las proyecciones. Con nocturnidad y alevosía. Estáis todos invitados".
Coordinado por Javier G. Trigales

AVISO IMPORTANTE: todas as proxeccións deste ciclo realizaranse en DVD.

Mércores 9 de xullo: Eraserhead (Cabeza Borradora) (David Lynch, 1977). Coloquio con Julián Hernández.

Xoves 10 de xullo: La mujer pantera (Jacques Tourneur, 1942). Coloquio con Emma Ríos.

Mércores 16 de xullo: Código desconocido (Michael Haneke, 2000). Coloquio con Tonecho Otero.

Xoves 17 de xullo: Down by law (Jim Jarmusch, 1986). Coloquio con Agustín Fernández Mallo.

Mércores 23 de xullo: Persona (Ingmar Bergman, 1966). Coloquio con Javi Camino.

Xoves 24 de xullo: Orfeo Negro (Marcel Camus, 1959). Coloquio con Ángel Rueda.

Mércores 30 de xullo: Holy Motors (Leos Carax, 2012). Coloquio con José Manuel Sande.

Xoves 31 de xullo: Crash (David Cronenberg, 1996). Coloquio con Eduardo Galán.

HORARIOS: mércores e xoves, 22:30.
ENTRADAS: 3€ (Carné xove, +65 años e desempregados, 2.00 €).

domingo, 2 de marzo de 2014

Alain Resnais nas bibliotecas da Coruña

Morreu un cineasta esencial, Alain Resnais, en activo até os seus últimos días: estreou hai apenas unhas semanas na Berlinale o seu derradeiro filme, Aimer, boire et chanter. Nas bibliotecas públicas da Coruña podemos atopar algúns dos seus filmes máis valiosos. Queda aquí a listaxe de obras de Resnais dispoñíbeis nas bibliotecas municipais, na González Garcés e na da Deputación:

Curtametraxes: Van Gogh (1948) + Guernica (1950) + Gauguin (1950) + Toda la memoria del mundo (1956) + El canto del estireno (1959): González Garcés.

Noche y niebla (1955): Os Rosales, González Garcés.

Hiroshima mon amour (1959): Sagrada Familia, Castrillón, Fórum, Os Rosales, Monte Alto, González Garcés.

El año pasado en Marienbad (1961): Ágora, Os Rosales.

Muriel (1963): Castrillón, González Garcés.

Mélo (1986): González Garcés.

I want to go home (1989): González Garcés.

On connaît la chanson (1997): Ágora.

Asuntos privados en lugares públicos (2006): González Garcés.

Las malas hierbas: Infantil e Xuvenil, Ágora, Sagrada Familia, Fórum, Castrillón, Os Rosales, Monte Alto, González Garcés.

Libros:

El año pasado en Marienbad, cinenovela con 44 fotografías de la película de Alain Resnais / Alain Robbe-Grillet (Seix Barral, 1962): González Garcés, Biblioteca da Deputación.

La ciencia y la ficción, el cine de Alain Resnais / Esteve Riambau (Lerna, 1988): González Garcés.

Alain Resnais, viaje al centro de un demiurgo / Núria Bou (Paidós, 1998): González Garcés, Biblioteca da Deputación.

venres, 10 de xaneiro de 2014

O 2013 en filmes: Ana Rodríguez Seoane



Creo que vai un pouco extensa de máis. No meu caso non falo unicamente de memoria, senón que busquei nas miñas fontes particulares para levar certa orde, que quere ser cronolóxica, pero non totalmente.

No CGAI:
Doentes (Gustavo Balza, 2011): o que contan, aínda que comezara nos anos cincuenta, fáiseme bastante próximo e vivido profesionalmente en torno aos anos oitenta. Un recordo para Manuel Olveira “Pico”, finado no 2013.
Blancanieves (Pablo Berger, 2012): rompedora na fotografía, impresionantes Macarena García e Maribel Verdú, ¡española y olé! Creo que o Goya é merecidisimo.
Melancolía (Lars von Trier, 2011): conseguiu transmitirme anguria, desacougo, tristura, axudada polas voces de Kirsten Dunst, Charlotte Gainsbourg e Kiefer Sutherland.
El primer Maestro (Andrei Konchalovsky, 1965): reflicte moi ben a situación dun mestre recén chegado a unha escola “perdida” en Rusia, para implantar os principios educativos da revolución bolchevique, que atopa un forte rexeitamento entre os habitantes, aínda que despois evoluciona cara a un claro adoutrinamento político. Transmite a sinxeleza das primeiras obras.
People’s Park (J.P. Sniadecki, Libbie D. Cohn, 2012): somérxenos nese parque de Chengdu e convídanos a participar coas xentes que se moven nel. Grato recordo da presentación in-vivo, polo Director no Cgai, así como o posterior coloquio.
La casa Emak Bakia (Oskar Alegría, 2012): atrapoume dende o principio, quixera ter formado parte daquela busca, inaccesible ao desalento, teimuda e insistente, da casa onde viviu o fotógrafo Man-Ray.
Paraíso: Fe (Ulrich Seidl, 2012): demoledora crítica do fanatismo relixioso, humor corrosivo, desternillante por momentos e outros desacougantes.
Los Ilusos (Jonás Trueba, 2013): máis que a película gustoume escoitar a Jonás Trueba tamén en vivo e directo, transmitía sinceridade contando as inseguridades vividas.
E pola mesma razón cito as de Lois Patiño: Montaña en sombra, en Vila do Conde, e Costa da Morte co Teatro Principal de Santiago a rebordar de xente e Lois absolutamente aberto e predisposto a responder ás preguntas dos espectadores. Mesmo semellaba un curral de comedias, tipo Almagro ou similar.

Nalgún outro lugar:
Easy Rider (Dennis Hopper, 1969): Quedou como unha das iconas da contracultura de USA dos anos 60, cos moteiros percorrendo parte da famosa ruta 66: Dennis Hoper, Nicholson (xenial), Peter Fonda, novísimos todos. Vina por primeira vez en “Cine Terraza” e deslumbroume pola música e algunha escenas. Agora confeso que non me impactou tanto.

Das vistas no Obradoiro da Filmoteca:
La Ricotta (Pier Paolo Pasolini, 1963): anticlerical, angustioso plano dos crucificados, a voracidade da fame.
Caravaggio (Derek Jarman, 1986): imaxes impactantes, trasladando as composicións dos cadros á situacións da vida real do pintor, pareceume orixinalísima.

No Curtas de Vila do Conde:
O corpo de Afonso (João Pedro Rodrigues, 2012): mestura desconcertante de historia e actualidade, o fantasma do paro, cunhas boas “pingas” de humor.
A xa citada Montaña en Sombra de Lois Patiño (2012), con divertidos e glamurosos momentos fotográficos posteriores co realizador (o noso salto á fama como participantes festivaleiras).
Teño que mencionar tamén Decasia, de Bill Morrison (2002). A este respecto, non podo deixar de facer un “copia/pega” da crítica doutra espectadora: “Outra desas películas que vexo removéndome na cadeira, froito da incomodidade do momento, e durante a que termino xogando as batallas de ruxidos de tripas ou de cordas vocais coa compañeira de meu lado (gañei eu, cun enfurecido sprint final)”. E iso que no taller xa tiñamos visto varias de cine experimental... pero si gocei con Bucking Broadway, de John Ford (1917) unha reliquia das primeiras obras (cine mudo) do cineasta, restaurada, e proxectada na Sala 2 do Teatro Municipal cunha actuación musical ou performance paralela á proxección. Foi o primeiro día que chegamos e atopei un ambiente extraordinario.

No Festival de Sevilla:
Chico conoce chica (Leos Carax, 1994): un xeito diferente de contar unha historia de amor.
Miéle (Valeria Golino, 2013): afrontar a morte como un traballo profesional, aséptico e impersoal, no que afloran as contradicións.
E como non, as risas con Martiño Rivas e a súa Tres bodas de más (Javier Ruiz Caldera, 2013).

No Fórum Metropolitano:
Retorno a Hansala (Chus Gutiérrez, 2008): toca o problema da inmigración con algunhas concesións ao sentimentalismo, pero con bastante realismo.
Nader y Simin, una separación (Asghar Farhadi, 2011). Non hai bos nin malos, todos ocultan algo.
De dioses y hombres (Xavier Beauvois, 2010): monxes cistercienses no Magreb, ¿É posible a convivencia cos musulmáns?. Conflito bélico, resistencia.
El profesor (Tony Kaye, 2011).
El Regreso (Andrei Zvyagintsev, 2003): película con moitos simbolismos e incógnitas. Ritmo opresivo, desacougante.

En salas comerciais:
Bárbara (Christian Petzold, 2012): Unha doutora “trasladada-castigada” a un hospital apartado nunha zona rural da Alemaña do leste para súa depuración política. Sobria e claustrofóbica, aínda que haxa exteriores de paseos en bici. Iso si, cun ritmo un tanto desigual por momentos.
Amor es todo lo que necesitas, Susanne Bier, directora danesa que me gusta moito, romántica “pastelada” con Pierce Brosnan.
Amor (Michael Haneke, 2012): retrato da última etapa da vida, deterioro, dependencia física, eutanasia, dor.
Un asunto Real (Nikolaj Arcel, 2012): paixón e intrigas palacegas na corte danesa, século XVIII, reforzado coa interpretación do actor Mad Mikkelsen.
La Caza (Thomas Vinterberg, 2012): tamén con Mikkelsen, portentoso, vítima dunha falsa acusación, un entorno social enrarecido, un final sorpresivo.
Hannah Arendt (Margarethe von Trotta, 2012): o concepto da banalización do mal.
Un amigo para Frank (Jake Schreier, 2012): a amizade dun vello e un robot, coa sombra do alzheimer planeando no ambiente.
La mejor oferta (Giuseppe Tornatore, 2013): "La copia puede ser mejor que el original".
A puerta fría (Xavi Puebla, 2012).
Una Casa en Córcega (Pierre Duculot, 2011): unha casa que fai de revulsivo para un cambio de vida.
Cruce de caminos (Derek Cianfrance, 2012): un Ryan Gosling motero macarra que escolle o camiño equivocado para manter á súa familia.
E a última: De tal padre tal hijo (Hirokazu Koreeda, 2013): vinganza disfrazada de “erro” hospitalario, que serve de escusa para falar sobre as relacións paterno-filiais.

Ana Rodríguez Seoane - Filmoteca Fórum

mércores, 8 de xaneiro de 2014

O 2013 en filmes: Dolores Suárez



Quero dicir que só a memoria é o meu referente na confección desta listaxe:

La vida de Adèle (Abdellatif Kechiche, 2013). Pola extraordinaria e arriscada labor de dirección e interpretación. Adèle Exarchopoulos é sensual incluso con mocos.
Post Tenebras Lux (Carlos Reygadas, 2012) Misteriosa e máxica.
Viola (Matías Piñeiro) Brillante xogo entre cine e literatura. E Matías bo rapaz
Just Ancient Loops (Bill Morrison, 2013) Hipnótica. O chelo de Maya Beiser abraza o movevemento das imaxes (grazas Malu por lembralo)
A mae e o mar (Gonçalo Tocha, 2013). Labor de investigación coa inconfundible mirada do director. E nos longos paseos por Vila do Conde nos tamén investigamos... e descubrimos que en tempos non moi lonxanos as mulleres casadas pechaban o cuarto do matrimonio cando o home andaba no mar por un tempo. A cal e canto, e non se abría até a volta!
Costa da Morte (Lois Patiño, 2013). Polos longos e marabillosos planos suspendidos... as tonalidades de azul do noso mar... a forza dos percebeiros abrazados ás rochas... a humanización do territorio (vida e traballo). Pola néboa sempre presente e calada... a fraxilidade dun solitario barco pesqueiro nun mar infinito... Polas historias e lendas, verdades e mentiras... que nos contan os seus habitantes.
People's Park (J. P. Sniadecki, Libbie D. Cohn, 2012). Fascinante microcosmos!
El hombre de Londres (Bela Tarr, 2007). Inquietante!
Voci nel tempo (Franco Piavoli, 1996). Sen dúbida o meu filme favorito do taller. O rexistro do paso da vida con exquisita sensibilidade.

Isto é todo polo de agora. Bon ano de cine, amizade, risas e o que toque!

Dolores Suárez - Filmoteca Fórum

martes, 7 de xaneiro de 2014

O 2013 en filmes: Paz Hermo



Pregúntome se os directores se mandan un guasap ou algo á hora de decidir "vou facer unha peli". Vaia coincidencia: neste ano hai algunhas pelis que tocan o tema dos escravos nos Estados Unidos. Creo que levaba moito tempo sen escoitar tan seguido a palabra "negro" como nas tres que vin. Delas, quedo con 12 anos de escravitude de McQueen. Porque a de Tarantino co seu Django desencadenado (con d muda), entretida, con anacronismos e chiscadelas, gustoume ata a metade máis ou menos e despois era un empacho de Tan-To-Ta-Ran-Ti-No entarantinado.

Vin algunhas no CGAI, non me atrevo a poñelas como "favoritas", mais me desconcertaron, ou sorprenderon, me mantiveron interesada. Saír do cine e volver á película...

Costa da Morte (Lois Patiño, 2013)
O Quinto Evanxeo de Gaspar Hauser (Alberto Gracia, 2013)
Holy motors (Leos Carax, 2012)
People's Park (Sniadecki & Libbie D. Cohn, 2012)
No camiño, de cando en vez, vislumbrei breves momentos de beleza (Jonas Mekas, 2000), tan longa coma o título, onde nada pasa, máis que a vida.

Pero estas últimas xa non son do 2013 aínda que eu as vise este ano (ou iso creo, co rápido que lisca un ano!) Pasa o mesmo coas que vin no Forum, algunha delas excepcionais, pero como estamos coas do 2013, non embrollo máis.

Imos co top ten, contando que vin poucas películas e que algunhas non me gustaron. Deixo a listaxe das que si (por h ou por b), bastante convencional, supoño. Vai sen orde de preferencia:

12 anos de escravitude (Steve Mcqueen, 2013)
Blue Jasmine (Woody Allen, 2013)
Don Jon (Joseph Gordon-Levitt, 2013)
Stoker (Park Chan-Wook)
La gran belleza (Paolo Sorrentino)
Tabú (Miguel Gomes)
El desconocido del lago (Alain Guiraudie, 2013)
The act of killing (Joshua Oppenheimer, Anónimo e Christine Cynn, 2012)
Blue Valentine (Derek Cianfrance, 2010)
In another country (Hong Sang-soo, 2012)

Deixando á parte The act of killing, incalificable, ningunha chegaría a un 8 meu :) Boa volta ao traballo e moito cine!

Paz Hermo - Filmoteca Fórum

O 2013 en filmes: Rafael Rubio

Mis mejores películas de 2013, sin orden de prioridad:



Amor (Michael Haneke, 2012). La crudeza de Haneke te fascina por completo.
La noche más oscura (Kathryn Bigelow, 2012). Cine deslumbrante y de máxima tensión.
Django desencadenado (Quentin Tarantino, 2012). Waltz, DiCaprio, Tarantino, quien da más...
Hannah Arendt (Margarethe von Trotta, 2012). Un reto, llevar al cine el pensamiento y la sabiduría.
La vida de Adele (Abdellatif Kechiche, 2013). Brillante recreación de una historia de amor, una fuerza visual extraordinaria.
El impostor (Bart Layton, 2012). Un documental sorprendente. La realidad supera de nuevo a la ficción.
La caza (Thomas Vinterberg, 2012). Intenso e incómodo drama psicológico.
Tu y yo (Bernardo Bertolucci). Una obra menor, pero cautivadora, que nos recuerda a Dreamers.
Prisioneros (Denis Villeneuve). Un thriller hipnótico que te atrapa.
Lawrence Anyways (Xavier Dolan, 2012). Excesiva en todo. Ese es su atractivo.

Rafael Rubio - Días de Cine

luns, 6 de xaneiro de 2014

O 2013 en filmes: Uxía Villarino

Aí van algúns dos títulos que vin no 2013. Vaia por diante que todo o que vin no taller me gustou e foi moi interesante. Pero non lembro algûns títulos nin os autores, aínda que si a temática.



Monos como Becky de Joaquim Jordå (1999): achegamento profundo e respectuoso aos protagonistas internos dun psiquiátrico dos que brillantemente sabe amosar a súa dignidade persoal. Traballo difícil de realizar para o que se necesita vontade, tempo e intelixencia. E no que se aprecia máis interese polos protagonistas que polo ego do director.
A vida de Adèle de Abdellatif Kechiche (2013): paixón, amor e desamor; e con este, o atroz e desequilibrante sufrimento co que conseguiu emocionarme. Tamén posúe o valor de escenas novidosas e arriscadas.
Rafa, curta de João Salaviza (2012). A responsabilidade e o amor polos seus ė o que cautiva na dura vida deste adolescente nun contorno familiar depauperado, desaqueloutrado e marxinal. Mundos moi reais que non parecen contar nas nosas sociedades.
People's Park de J. P. Sniadecki e Libbie D. Cohn (2012). Rutilante e festiva (malia o torturante, atronador e case constante ruído) maneira de coñecer a vida dunha cidade singular, Chengdu, a través das variadas e múltiples personaxes/persoas que poboan un parque, espazo común, vía de escape chea de Vida. Rompe o esterotipo que podemos ter sobre China.
O que arde cura de João Rui Guerra da Mata (2012). Fermoso símil entre o incendio da Baixa lisboeta e a extinción dun amor.
A cicatriz branca de Margarita Ledo (2012). Austera mirada sobre a inmmigración galega feminina na Arxentina e referencias ao exilio.
Voci nel tempo de Franco Piavoli (1996). Lírica narración, sen case palabras, das diferentes etapas da vida das persoas nun contorno concreto (pero con valor universal) que van cambiando ao par coas estacións. E ao final do inverno, os nenos reaparecen. Un novo ciclo recomeza.
Holy Motors de Leos Carax (2012). Orixinal e delirante collage dos traballos diarios de moitas vidas nun único personaxe.
E agora? Lémbra-me de Joaquim Pinto (2012). Descarnada, sincera. Testamento do autor e testemuña dunha época.
Los ilusos de Jonås Trueba.(2013). Contemporánea. Lindas as imaxes da cidade, tanto exteriores como interiores: guiño ao cine clåsico. Xente nova tratando de iniciar a vida adulta.
O quinto evanxeo de Gaspar Hauser de Alberto Gracia (2013). Conxunción poderosa de imaxes e son, pese a desconcertar nun principio; bueno, e a seguir desconcertando.
Fóra de Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas (2012). Valor da documentación e da memoria.
El muerto y ser feliz de Javier Rebollo (2012). José Sacristån permanece na retina, solitario e feliz, ao longo das estradas.
O Gebo e a sombra de Manoel de Oliveira (2013). Sobria. A liña entre o ben e o mal é moi feble.
Le Havre de Aki Kaurismäki (2011). Tenra metåfora dun conto feliz protagonizado pola clase que non adoita ser protagonista. O que podería ser, pero non é.
Caravaggio de Derek Jarman (1986). Barroca, potente, sanamente irreverente.
Amour de Michael Haneke (2012). A sempre difícil etapa final da vida.
A religiosa portuguesa de Eugène Green (2009). Delicada, sosegada e acariñadora no emprego da lingua

Bueno. Vou cansa. Seguro que hai máis, pero saíron estas, aínda que poderían ter sido outras. Isto das listaxes sempre é relativo igual que os premios.

De Gravity encantáronme as imaxes; non así os diálogos que me pareceron ñoños e non cribles. De Costa da Morte gustáronme moito as imaxes e o son. Pero algo chirría; creo que non tratou en profundidade os personaxes, dando lugar a poder cuestionarse se aparecen dignos ou risorios. A visión que nos då da Costa da Morte é idílica e polo tanto irreal. Semella publicidade turística de calidade. Bótase en falta unha mirada crítica.

Gustaríame ter visto a triloxía de Ulrich Seidl, Montaña en sombra de Lois Patiño, The act of killing, A mae e o mar de Gonçalo Tocha, Centro histórico, Post Tenebras Lux...

Uxía Villarino - Filmoteca Fórum

domingo, 5 de xaneiro de 2014

O 2013 en filmes: Malu Vázquez

Aí vai a miña listaxe de filmes do 2013. Sen orde de preferencia e por motivos variados.



Post Tenebras Lux de Carlos Reygadas (2012)
Holy Motors de Leos Carax (2012)
Just ancient loops de Bill Morrison (2013)
A mae e o mar de Gonçalo Tocha (2013)
Los Ilusos de Jonás Trueba (2013)
Caravaggio de Derek Jarman (1985)
La Ricotta de Pier Paolo Pasolini (1962)
The Act of Killing de Joshua Oppenheimer, Anónimo e Christine Cynn (2012)
O que arde cura de João Rui Guerra da Mata (2012)
Costa da Morte de Lois Patiño (2013)
Reminiscencias de un viaje a Lituania de Jonas Mekas (1971-1972)
Un verano ardiente de Philippe Garrel (2011)
Slow Action de Ben Rivers (2011)
Paraíso: Amor de Ulrich Seidl (2012)
El muerto y ser feliz de Javier Rebollo (2012)
Arraianos de Eloy Enciso (2012)
People's Park de J. P. Sniadecki & Libbie D. Cohn (2012)
Bringing Up Baby de Howard Hawks (1938)
Blancanieves de Pablo Berger (2012)
La casa Emak Bakia de Oskar Alegría (2012)

Malu Vázquez - Filmoteca Fórum

xoves, 2 de xaneiro de 2014

O 2013 en filmes: Consuelo Mariño

Esta é a miña listaxe dos filmes que vin no 2013 e que me marcaron por diferentes motivos; fixeronme pensar, sentir, rir, viaxar, sorprendéronme...

Sigo a orden en que os vin, e fago a selección só entre os que vin en salas: cines, CGAI, Fórum, Cineuropa....Fago unha escepción con Shirin de Abbas Kiarostami que a vin en DVD na casa pero quero incluila porque me emocionou e me sorprendeu pola sua audacia narrativa.



La noche más oscura de Kathryn Bigelow (2012)
Holy Motors de Leos Carax (2012)
The Deep Blue Sea de Terence Davies (2011)
Django desencadenado de Quentin Tarantino (2012)
El muerto y ser feliz de Javier Rebollo (2011)
Los amantes pasajeros de Pedro Almodovar (2013)
Barbara de Christian Petzold (2012)
To the wonder de Terence Malick (2012)
Cumbres borrascosas de Andrea Arnold (2011)
The hunt de Thomas Vinterberg (2011)
Viola de Matías Piñeiro (2012)
Bright Star de Jane Campion (2009)
Gravity de Alfonso Cuarón (2013)
Un verano ardiente de Philippe Garrel (2011)
La vida de Adele de Abdellatif Kechiche (2012)
Los ilusos de Jonás Trueba (2013)
Blue Jasmine de Woody Allen (2013)
Costa da Morte de Lois Patiño (2013)
L'inconnu du lac de Alain Guiraudie (2013)
De tal padre tal hijo de Hirokazu Koreeda (2013)
Shirin de Abbas Kiarostami (2008)

Os que non vin e quero ver... uff !! son tantos, que só vou poñer alguns:

Like someone in love de Abbas Kiarostami (2012)
La Reine des Pommes de Valerie Donzelli (2009)
Le roi de l'évasion de Alain Guiraudie (2009)
La Jalousie de Philippe Garrel (2013)
Todos queremos lo mejor para ella de Mar Coll (2013)
La grande bellezza de Paolo Sorrentino (2013)
Bastardos de Claire Denis (2013)
Stray Dogs de Tsai Ming-Liang (2013)
En otro país de Hong Sang-Soo (2012)

Consuelo Mariño - Filmoteca Fórum