venres, 25 de xaneiro de 2013

Programación de febreiro do Fórum Metropolitano

Sala Marilyn Monroe: Colleita propia

31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro: Ispansi (Carlos Iglesias, 2010)

7, 8 e 9 de febreiro: Mujeres en el parque (Felipe Vega, 2006)

14, 15 e 16 de febreiro: Retorno a Hansala (Chus Gutiérrez, 2008)

21, 22 e 23 de febreiro: Todo lo que tú quieras (Achero Mañas, 2010)

28 de febreiro, 1 e 2 de marzo: Siempre hay tiempo (Ana Rosa Diego, 2010)

Sala Fernando Rey: Oriente

31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro: Una mujer, una pistola y una tienda de fideos chinos (Zhang Yimou, 2009)

7, 8 e 9 de febreiro: Hara-Kiri: muerte de un samurai (Takashi Miike, 2011)

14, 15 e 16 de febreiro: Ashes of time Redux (Wong Kar-wai, 1994)

28 de febreiro, 1 e 2 de marzo: Ciudad de vida y muerte (Chuan Lu, 2009)

Sala Fernando Rey: Por amor al arte

Do 16 ao 23 de febreiro, festival de curtas "Por amor al arte".

xoves, 10 de xaneiro de 2013

Aberta a convocatoria de talleres de primavera no Fórum e Ágora

FILMOTECA FÓRUM (Fórum Metropolitano). Xoves de 18:30 a 20:00 h.

DÍAS DE CINE (Centro Ágora). Luns de 19:00 a 20:30 h.

Responsábel: Martin Pawley

Descrición: Unha aproximación ao mellor cinema de onte e de hoxe, con especial atención aos autores e xéneros que non chegan ás salas comerciais. Valoraremos, comentaremos e falaremos da programación das salas da cidade, desde todos os puntos de vista: directores, actores, técnica, etc. Repasaremos as noticias de actualidade e o que sucede nos festivais de cinema máis importantes, tocaremos os debates que se están producindo no ámbito da produción e distribución cinematográfica.

Procedemento e prazos de inscrición:

Destinatarios: a oferta diríxese preferentemente a persoas empadroadas no Concello da Coruña.

Inscrición de Continuidade: as persoas que participasen no programa de outono 2012 e que asistisen a máis do 50 % das clases poderán formalizar a inscrición de continuidade os días 14, 15 e 16 de xaneiro na conserxaría do Forum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (para Filmoteca Fórum) ou na do Centro Ágora de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (para Días de Cine).

Preinscrición (para novos alumnos): os días 14, 15 e 16 de xaneiro as persoas interesadas en solicitar reserva de prazas para os talleres poderán facelo nas conserxarías do Fórum ou do Ágora nos horarios habituais. Cada solicitante poderá anotar até catro talleres na ficha, tendo en conta que a adxudicación respectará a orde fixada polo solicitante e este non poderá ser modificado unha vez realizado o sorteo. Cada solicitante recibirá un número que servirá para poder fixar a orde de preferencia. Adxudicaranse un máximo de dous talleres excepto no caso de que queden prazas libres.

Sorteo (para novos alumnos): as solicitudes ordenaranse a partir do día 18 de xaneiro, de forma correlativa, empezando polo número que corresponda no sorteo público que se realizará ás 12:00 horas na conserxaría do Centro Ágora e do Fórum Metropolitano. Unha vez adxudicado o número máximo de participantes a un taller, o resto de peticións formarán parte dunha lista de espera segundo a orde do sorteo.

Inscrición: as reservas serán adxudicadas segundo a orde fixada polo sorteo. Será necesario formalizar a inscrición os dias 21, 22 e 23 de xaneiro na conserxaría do Centro Ágora ou do Fórum Metropolitano, segundo os casos, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. As prazas reservadas só poderán ser ocupadas polos agraciados no sorteo. As prazas non ocupadas durante este tres días adxudicaranse ás persoas en listaxe de espera.

Lista de espera e prazas vacantes: as persoas en listaxe de espera terán preferencia en ocupar as prazas non feitas efectivas polas reservas do taller correspondente. O resto de prazas vacantes nos diferentes talleres poderán ser ocupadas polo público en xeral, aínda no caso de que xa lle fosen concedidas prazas en dous talleres. A partir do 24 de xaneiro as persoas interesadas en solicitar prazas vacantes nos talleres, poderán facelo na conserxaría do Centro Ágora ou Fórum Metropolitano nos horarios habituais. As prazas serán adxudicadas por orde de petición, salvo nos talleres con listaxe de espera que se adxudicarán a partir do 24 de xaneiro mediante chamada telefónica unicamente en caso de ser admitido.

Pago de cotas: os talleres teñen fixada unha cota. Os maiores de 65 anos só abonarán a metade da cota. Ao formalizar a inscrición abonarase a cota fixada.

Prezo: 26 euros (maiores de 65 anos, 13 €).

Inicio dos Talleres: a partir do 28 de xaneiro no día e hora que correspondan a cada taller.