domingo, 29 de decembro de 2013

O 2013 en filmes: Luz Lugrís

Non cabe dúbida, pola miña listaxe de películas, que o 2013 foi para min un ano moi cinéfilo. Vin moito e moito me gustou o que vin, polo que tiven que reducir o número de títulos para non pasarme moito das vinte suxeridas. A lista empeza por orde de proxeción, logo vai ao tun-tun:



El muerto y ser feliz de Javier Rebollo, 2012 (melancólica)
Post Tenebras Lux de Carlos Reygadas, 2012 (enigmática)
Holy Motors de Leos Carax, 2012 (delirante)
The Deep Blue Sea de Terence Davies, 2011 (fermosa, delicada e romántica)
El desencanto de Jaime Chávarri, 1976. Nunca tivera oportunidade de vela ata este ano (por TV) e foi todo un descubrimento. Sorprendeume o reality da familia Panero e as súas diferenzas.
Ashes of time Redux (1994) + Chungking Express + Happy together (1997) de Wong Kar-wai. O cinema oriental atrápame pola fermosura dos planos e Wong Kar –Wai polo xeito en que emprega a música para resaltar a historia.
Una pistola en cada mano de Cesc Gay, 2012 (divertida)
En otro país de Hong Sang Soo, 2012 (moi novidosa)
The act of killing de Joshua Oppenheimer, Anónimo e Christine Cynn, 2012 (atroz, espeluznante, poucas veces saín dunha sala tan desacougada)
People's Park de J. P. Sniadecki & Libbie D. Cohn, 2012. Unha pelicula diferente e con planos fermosos. A presenza de J.P. respondendo a unha sala repleta todas as inquedanzas sobre a rodaxe foi fantástica. J.P un tipo moi encantador que nos deixou encantados.
Keep the lights on de Ira Sachs, 2012 (encántanme as películas que falan de sentimentos e de amor entre persoas, sexan do mesmo ou diferente sexo)
Um filme falado de Manoel de Oliveira, 2000 (un fermoso percorrido pola historia da cultura ibérica)
Centro histórico de Pedro Costa, Manoel de Oliveira, Víctor Erice, Aki Kaurismäki, 2012 (foi un pracer volver a reencontrarse con Erice sen desmerecer ao resto)
Reconversão de Thom Andersen, 2012 (magnífica lección de arquitectura para profanos)
The return de Andrey Zvyagintsev, 2003 (inquietante)
Stemple Pass de James Benning, 2012 (dez persoas nunha sala, marchan tres. Tan diferente ao visto que teño pena de que vos perdérades a experiencia dunha película con catro planos case idénticos e un magnífico texto)
Paraíso: Amor de Ulrich Seidl, 2012 (película incómoda de ver pero moi valente, para min)
Paraíso: Fe de Ulrich Seidl, 2012 (este paraíso coma o anterior, triste, incómodo...)
Powers of ten de Charles e Ray Eames, 1977 (encantoume esta curta sobre os límites do universo)
Paisaje-Duración de Lois Patiño, 2010
Costa da Morte de Lois Patiño, 2013. Disfrutei con esta película polos fermosos planos, polo delicada e poética que é e por recoñecerme na idiosincrasia dos personaxes. Agrada moito unha sala ata a bandeira, un público entregado e un director disposto a dar cumplida satisfación a todas as preguntas.
Terra de silencio e escuridade de Werner Herzog, 1971 (descubrir realidades tan difíciles de vivir e sobrelevar son toda unha lección de vida)
Alvorada vermelha de João Rui Guerra da Mata e João Pedro Rodrigues, 2011 (para os que somos de mar e peixe esta curta resulta fascinante)
O quinto evanxeo de Gaspar Hauser de Alberto Gracia, 2013. Por facerme volver non aos 17 senón aos 20, cando ía á sala Valle Inclán para ver películas de arte e ensaio e non entendía nadiña. Menos mal que con esta tiven a oportunidade de coñecer o seu director que axudou a que entendera a súa proposta. Un tipo singular que me provocou tenrura.

Luz Lugrís - Filmoteca Fórum

luns, 9 de decembro de 2013

Documentais de Joaquim Pinto e Nuno Leonel

No canal de Vimeo de Joaquim Pinto e Nuno Leonel podemos ver de balde varios dos traballos destes cineastas, que volveron á primeira liña cinematográfica mundial este verán coa estrea en Locarno da maxistral E agora? Lembra-me:

Surfavela (1996). 38 minutos.
Documentário sobre projectos de resistência ao racismo e à existência precária dos jovens das favelas do Cantagalo e da Rocinha, através da prática do surf. Rodado no Rio de Janeiro em 1996.

Com cuspe e jeito se bota no cu do sujeito (1997). 21 minutos.
Aprenda a fazer feijoada em 20 minutos. Gilson "Xica da Silva" explica como se faz uma feijoada à brasileira, numa aula de culinária digna dos mais requintados "chefs", enquanto nos faz um resumo da sua vida.

Rabo de peixe (2003). 78 minutos.
A pesca artesanal nos Açores vive de jovens audaciosos que dominam perigos e medos, estabelecendo com a Natureza um pacto de respeito mútuo. Pedro sonha ter um barco, formar uma equipa unida e tomar o destino nas mãos. Filmado entre 1999 e 2001, este documentário pretende fixar a forma como o trabalho pode moldar os corpos e o carácter dos homens. Várias artes de pesca documentadas desapareceram entretanto, sob a pressão da pesca industrial e dos interesses económicos.

Segurança Marítima, Passado, Presente e Futuro (2005). 29 minutos.
Filme de sensibilização para os problemas da segurança marítima. Rodado nos Açores e na Galiza em 2004 e 2005, com a participação de pescadores de São Miguel e de alunos da Escola Náutico-Pesqueira de Ferrol.

sábado, 30 de novembro de 2013

Programación de decembro do Fórum Metropolitano



Sala Marilyn Monroe: Dereitos humanos

5, 6 e 7 de decembro: Moolaadé (Ousmane Sembene, 2004)

12, 13 e 14 de decembro: Inch'allah (Anaïs Barbeau-Lavalette, 2012)

19, 20 e 21 de decembro: Vers le Sud (Lauren Cantet, 2005)



Sala Fernando Rey: Títulos de sempre

5, 6 e 7 de decembro: Ninotchka (Ernst Lubitsch, 1939)

12, 13 e 20 de decembro: Let's make love (George Cukor, 1960)

19, 20 e 21 de decembro: Heaven knows, Mr Allison (John Huston, 1957)

xoves, 5 de setembro de 2013

Aberta a convocatoria de talleres de ocio no Fórum Metropolitano e Centro Ágora


FILMOTECA FÓRUM
Xoves de 18:30 a 20:00, Fórum Metropolitano

DÍAS DE CINE
Luns de 19:00 a 20:30, Centro Ágora

Responsable: Martin Pawley

Descrición: Unha aproximación ao mellor cinema de onte e de hoxe, con especial atención aos autores e xéneros que non chegan ás salas comerciais. Valoraremos, comentaremos e falaremos da programación das salas coruñesas, desde todos os puntos de vista: directores, actores, técnica, etc. Repasaremos as noticias de actualidade, o que sucede nos festivais de cinema máis importantes e tocaremos os debates que se están producindo no ámbito da produción e distribución cinematográfica.

PREINSCRICIÓN: Os días 9, 10 e 11 de setembro na conserxaría do Fórum Metropolitano e do Centro Ágora, segundo os casos, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.
Cada solicitante poderá anotar até catro talleres na ficha, téndose en conta na adxudicación que se respectará a orde fixada polo solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez se realice o sorteo. Cada solicitante recibirá un número que servirá para o sorteo.

SORTEO PÚBLICO: Venres 13 de setembro, ás 10:00 na conserxaría do Forum Metropolitano e no Centro Ágora.

ADXUDICACIÓN DE PRAZAS: As listaxes dos talleres adxudicados publicásense o luns 16 de setembro a partir das 9:00 no Forum Metropolitano e no Centro Ágora (segundo os casos) e no servizo telefónico 010. A partir do número extraido no sorteo asignaranse as prazas en cada taller, asignando ao maior número de persoas, polo menos, un taller. Adxudicaranse un máximo de dous talleres por persoa.

INSCRICIÓN: Os días 16, 17, 18 e 19 de setembro na conserxaría do Fórum Metropolitano e do Centro Ágora de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00. Para formalizar a inscrición será necesario abonar en efectivo o importe do taller correspondente. As prazas adxudicadas só poderán ser ocupadas polos agraciados no sorteo. As prazas non abonadas durante estes días adxudicásense ás persoas en lista de espera.

LISTA DE ESPERA E PRAZAS VACANTES: As persoas en lista de espera terán preferencia en ocupar as prazas non abonadas no taller correspondente, sendo adxudicadas por orde de inscrición. A partir do 20 de setembro porémonos en contacto vía telefónica só con aquelas persoas que estean en lista de espera para saber se continúan interesadas en inscribirse nos talleres solicitados. Terán até o 24 de setembro para formalizar a inscrición. A partir do 25 de setembro e despois deste proceso, o resto de prazas vacantes poderán ser ocupadas polo público en xeral.

COTA DE INSCRICIÓN: 30€ por taller (maiores de 65, 15€).

INICIO DOS TALLERES: A partir do 30 de setembro, no día e hora que correspondan a cada taller. Os talleres só se porán en marcha cun mínimo de 12 participantes.

mércores, 26 de xuño de 2013

Gerações Curtas (José Vieira Mendes, 2012)



Documental do crítico e xornalista José Vieira Mendes que repasa o papel do Curtas de Vila do Conde no cinema portugués dos últimos vinte anos. Entre os numerosos entrevistados, Miguel Gomes, Sandro Aguilar, Luís Urbano, João Pedro Rodrigues, João Nicolau, os responsábeis do Curtas (Miguel Dias, Mario Micaelo, Dario Oliveira, Nuno Rodrigues, Hugo Ramos), Salette Ramalho (Agencia da Curta Metragem), Miguel Valverde (Indielisboa), Augusto M. Seabra, João Garção Borges (Onda curta)... Produción: João Figueiras, Blackmaria.

Num artigo do 'Público' de 31/10/99, intitulado, 'Saudações às Gerações Curtas', o crítico e ensaísta Augusto M. Seabra, referenciava o aparecimento de uma onda de jovens realizadores portugueses, que ao longo da década de 90 (coincidente com o nascimento do 'Curtas de Vila do Conde'), inundou o panorama cinematográfico nacional, com uma série invulgar de filmes em formato de curta- metragem. Este documentário é uma viagem de reflexão sobre os 20 Anos do 'Curtas de Vila do Conde', que inaugurou uma nova era dos festivais cinema portugueses e sobre a possibilidade ou não da existência dessa(s) 'Gerações Curtas'. Não é uma homenagem, nem uma encomenda directa do 'Curtas'. É sobretudo, um olhar jornalistico para um período muito rico da produção nacional, ao nível da curta-metragem. Período esse, fundamental para o prestígio e para os prémios que têm ganho, uma série de realizadores e filmes portugueses, nos grandes festivais internacionais. Na verdade, quase todos passaram inevitavelmente por Vila do Conde. (José Vieira Mendes)

venres, 21 de xuño de 2013

Cinenterraza, máis cinema no Fórum en xullo

CULT-MOVIES: El cine visionario
Proyecciones y coloquios

"Existe un tipo de películas adelantadas a su tiempo que en su momento fueron recibidas con alzamiento de cejas en general, pero que poco a poco han ido calando en la conciencia de toda una generación de espectadores y cosechando una especie de culto a su alrededor. Cine polémico, profundamente personal e intrasferible, cine que nos revuelve las entrañas, cine destinado a un debate sin fin.
En el Forum Metropolitano queremos sumarnos a ese debate y por ello proponemos un apasionante ciclo de verdaderas joyas del cine de los márgenes, con nombres como David Lynch, Wong Kar­ Wai o Quentin Tarantino. Con nocturnidad y alevosía (y un punto gamberro) proyectaremos varios de estos títulos y posteriormente charlaremos sobre la película con una reconocida personalida del mundo de la cultura".
Coordinado por Javier G.Trigales

AVISO IMPORTANTE: todas as proxeccións deste ciclo realizaranse en DVD.

Mércores 3 de xullo: Chungking Express (Wong Kar-wai, 1994). Coloquio coa poeta Yolanda Castaño.

Xoves 4 de xullo: Carretera perdida (David Lynch, 1997). Coloquio co debuxante de comics David Rubín.

Mércores 10 de xullo: The Devil and Daniel Johnston (Jeff Feuerzeig, 2005). Coloquio co músico Xurxo Souto.

Xoves 11 de xullo: El odio (Mathieu Kassovitz, 1995). Coloquio co cómico David Perdomo.

Mércores 17 de xullo: Reservoir Dogs (Quentin Tarantino, 1992). Coloquio co director de cinema Fernando Cortizo.

Xoves 18 de xullo: Léolo (Jean-Claude Lauzon, 1992). Coloquio co director de cinema Jorge Coira.

Mércores 24 de xullo: Donnie Darko (Richard Kelly, 2001). Coloquio coa actriz Alba Messa.

Xoves 25 de xullo: Olvídate de mí (Michel Gondry, 2004). Coloquio co crítico cinematográfico Alberto Abuín.

HORARIOS: mércores e xoves, 22:30.
ENTRADAS: 3.00 € (Carné xove, +65 años e desempregados, 2.00 €).

domingo, 31 de marzo de 2013

Descubrindo a Lois Patiño

O Festival de Cinema de Buenos Aires, o BAFICI, dedica este ano un foco ao novísimo cineasta galego Lois Patiño (podedes ler aquí o texto que introduce a sesión no catálogo do festival). No seu canal de Vimeo podemos ver algunhas pezas completas deste interesantísimo autor, cuxa obra empeza a ser habitual en diversos festivais internacionais de referencia (Roma, Oberhausen, etc). Deixo aquí unha listaxe con algunhas das súas curtas:

Serie Paisaje-Distancia:
Casa: [Ver]
Campo de fútbol: [Ver]
Pescadores en el mismo mar: [Ver]
Encuentro entre hombres: [Ver]

Serie Paisaje-Duración:
Río: [Ver]
Trigal: [Ver]
Carretera: [Ver]
Rocas: [Ver]

Na vibración:
Na vibración da terra: [Ver]
Na vibración da auga: [Ver]

En el movimiento del paisaje, fragmentos:
1: [Ver]
2: [Ver]

para saber máis: Lois Patiño en Roma, artigo na revista Tempos Novos.

martes, 19 de marzo de 2013

Programación de abril do Fórum Metropolitano



Sala Fernando Rey: Cine Árabe

4, 5 e 6 de abril: Nader y Simin, una separación (Asghar Farhadi, 2011)

11, 12 e 13 de abril: Et maintenant, on va oú ? (¿Y ahora adónde vamos?) (Nadine Labaki, 2011)

18, 19 e 20 de abril: Saten rouge (Rojo oriental) (Raja Amari, 2005)

25, 26 e 27 de abril: My father, my lord (David Volach, 2007)



Sala Marilyn Monroe: Cinema e literatura

4, 5 e 6 de abril: Amor bajo el espino blanco (Zhang Yimou, 2010)

11, 12 e 13 de abril: Más allá de las colinas (Cristian Mungiu, 2012)

18, 19 e 20 de abril: El secreto de sus ojos (Juan José Campanella, 2009)

25, 26 e 27 de abril: Cumbres borrascosas (Andrea Arnold, 2011)

luns, 11 de marzo de 2013

Descubrindo a José Luis Torres Leiva

O cineasta chileno José Luis Torres Leiva, gañador do Premio FIPRESCI en Rotterdam 2007 por El cielo, la Tierra, la lluvia e seleccionado na Mostra de Venecia 2010 (sección Orizzonti) coa súa segunda longa, Verano, colgou no seu canal de Youtube as súas curtametraxes e algunhas longas documentais, que podedes ver nas seguintes ligazóns:

Confesiones de un caballo suicida (2002), curtametraxe: [Ver]

No tengo nada que decir (2003), curtametraxe: [Ver]

Los ojos abiertos (2004), curtametraxe: [Ver]

Ningún lugar en ninguna parte (2004), longametraxe documental: [Ver]

Empezando de cero (2004), curtametraxe: [Ver]

El Mal (2004), curtametraxe: [Ver]

Obreras saliendo de la fábrica (2005), curtametraxe: [Ver]. "Best narrative short film" no Festival de Chicago 2006.

El tiempo que se queda (2007), longametraxe documental: [Ver]. Premio Cine del Futuro BAFICI 2007.

Ilusión de movimiento 1, 2, 3 (2009), curtametraxe: [Ver]

Primer día de invierno (2010), curtametraxe: [Ver]

Tres Semanas Después (2010), longametraxe documental: [Ver]. Primeiro premio da Mostra de Ciencia e Cinema 2010.

xoves, 28 de febreiro de 2013

Programación de marzo do Fórum Metropolitano



Sala Marilyn Monroe: Retazos de muller

7, 8 e 9 de marzo: Tilda y Jean (Darío Autrán, 2012)

14, 15 e 16 de marzo: Wilaya (Pedro Pérez Rosado, 2012)

21, 22 e 23 de marzo: Una botella en el mar de Gaza (Thierry Binisti, 2011)



Sala Fernando Rey: A outra beira

7, 8 e 9 de marzo: Todo el bien del mundo (Alejandro Agresti, 2004)

14, 15 e 16 de marzo: Che, un hombre nuevo (Tristán Bauer, 2010)

21, 22 e 23 de marzo: Hermanas (Julia Solomonoff, 2005)

venres, 25 de xaneiro de 2013

Programación de febreiro do Fórum Metropolitano

Sala Marilyn Monroe: Colleita propia

31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro: Ispansi (Carlos Iglesias, 2010)

7, 8 e 9 de febreiro: Mujeres en el parque (Felipe Vega, 2006)

14, 15 e 16 de febreiro: Retorno a Hansala (Chus Gutiérrez, 2008)

21, 22 e 23 de febreiro: Todo lo que tú quieras (Achero Mañas, 2010)

28 de febreiro, 1 e 2 de marzo: Siempre hay tiempo (Ana Rosa Diego, 2010)

Sala Fernando Rey: Oriente

31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro: Una mujer, una pistola y una tienda de fideos chinos (Zhang Yimou, 2009)

7, 8 e 9 de febreiro: Hara-Kiri: muerte de un samurai (Takashi Miike, 2011)

14, 15 e 16 de febreiro: Ashes of time Redux (Wong Kar-wai, 1994)

28 de febreiro, 1 e 2 de marzo: Ciudad de vida y muerte (Chuan Lu, 2009)

Sala Fernando Rey: Por amor al arte

Do 16 ao 23 de febreiro, festival de curtas "Por amor al arte".

xoves, 10 de xaneiro de 2013

Aberta a convocatoria de talleres de primavera no Fórum e Ágora

FILMOTECA FÓRUM (Fórum Metropolitano). Xoves de 18:30 a 20:00 h.

DÍAS DE CINE (Centro Ágora). Luns de 19:00 a 20:30 h.

Responsábel: Martin Pawley

Descrición: Unha aproximación ao mellor cinema de onte e de hoxe, con especial atención aos autores e xéneros que non chegan ás salas comerciais. Valoraremos, comentaremos e falaremos da programación das salas da cidade, desde todos os puntos de vista: directores, actores, técnica, etc. Repasaremos as noticias de actualidade e o que sucede nos festivais de cinema máis importantes, tocaremos os debates que se están producindo no ámbito da produción e distribución cinematográfica.

Procedemento e prazos de inscrición:

Destinatarios: a oferta diríxese preferentemente a persoas empadroadas no Concello da Coruña.

Inscrición de Continuidade: as persoas que participasen no programa de outono 2012 e que asistisen a máis do 50 % das clases poderán formalizar a inscrición de continuidade os días 14, 15 e 16 de xaneiro na conserxaría do Forum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (para Filmoteca Fórum) ou na do Centro Ágora de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas (para Días de Cine).

Preinscrición (para novos alumnos): os días 14, 15 e 16 de xaneiro as persoas interesadas en solicitar reserva de prazas para os talleres poderán facelo nas conserxarías do Fórum ou do Ágora nos horarios habituais. Cada solicitante poderá anotar até catro talleres na ficha, tendo en conta que a adxudicación respectará a orde fixada polo solicitante e este non poderá ser modificado unha vez realizado o sorteo. Cada solicitante recibirá un número que servirá para poder fixar a orde de preferencia. Adxudicaranse un máximo de dous talleres excepto no caso de que queden prazas libres.

Sorteo (para novos alumnos): as solicitudes ordenaranse a partir do día 18 de xaneiro, de forma correlativa, empezando polo número que corresponda no sorteo público que se realizará ás 12:00 horas na conserxaría do Centro Ágora e do Fórum Metropolitano. Unha vez adxudicado o número máximo de participantes a un taller, o resto de peticións formarán parte dunha lista de espera segundo a orde do sorteo.

Inscrición: as reservas serán adxudicadas segundo a orde fixada polo sorteo. Será necesario formalizar a inscrición os dias 21, 22 e 23 de xaneiro na conserxaría do Centro Ágora ou do Fórum Metropolitano, segundo os casos, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. As prazas reservadas só poderán ser ocupadas polos agraciados no sorteo. As prazas non ocupadas durante este tres días adxudicaranse ás persoas en listaxe de espera.

Lista de espera e prazas vacantes: as persoas en listaxe de espera terán preferencia en ocupar as prazas non feitas efectivas polas reservas do taller correspondente. O resto de prazas vacantes nos diferentes talleres poderán ser ocupadas polo público en xeral, aínda no caso de que xa lle fosen concedidas prazas en dous talleres. A partir do 24 de xaneiro as persoas interesadas en solicitar prazas vacantes nos talleres, poderán facelo na conserxaría do Centro Ágora ou Fórum Metropolitano nos horarios habituais. As prazas serán adxudicadas por orde de petición, salvo nos talleres con listaxe de espera que se adxudicarán a partir do 24 de xaneiro mediante chamada telefónica unicamente en caso de ser admitido.

Pago de cotas: os talleres teñen fixada unha cota. Os maiores de 65 anos só abonarán a metade da cota. Ao formalizar a inscrición abonarase a cota fixada.

Prezo: 26 euros (maiores de 65 anos, 13 €).

Inicio dos Talleres: a partir do 28 de xaneiro no día e hora que correspondan a cada taller.