mércores, 5 de setembro de 2012

Aberta a convocatoria de talleres de ocio no Fórum Metropolitano

Xa está aberta a convocatoria de talleres de ocio do Fórum Metropolitano. Entre os obradoiros propostos segue a estar Filmoteca Fórum:

FILMOTECA FÓRUM
Xoves de 18:30 a 20:00 h. Responsable: Martin Pawley
Unha aproximación ao mellor cinema de onte e de hoxe, con especial atención aos autores e xéneros que non chegan ás salas comerciais. Valoraremos, comentaremos e falaremos da programación das nosas salas, desde todos os puntos de vista: directores, actores, técnica, etc. Repasaremos as noticias de actualidade e o que sucede nos festivais de cinema máis importantes, tocaremos os debates que se están producindo no ámbito da produción e distribución cinematográfica.


Estes son os prazos e condicións para a inscrición nos obradoiros:

Destinatarios: a oferta diríxese preferentemente a persoas empadroadas no Concello da Coruña.

Preinscrición: os días 10, 11 e 12 de setembro as persoas interesadas en solicitar reserva de praza para os talleres, poderán solicitalo na conserxaría do Forum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
Cada solicitante poderá anotar até catro talleres na ficha, téndose en conta na adxudicación que se respectará a orde fixada polo solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez se realice o sorteo. Cada solicitante recibirá un número que servirá para poder fixar a orde de preferencia. Adxudicaranse un máximo de dous talleres por persoa excepto no caso de que queden prazas vacantes nalgún taller que se poderán adxudicar até catro.

Sorteo: as solicitudes serán ordenadas a partir do venres 14 de setembro, de forma correlativa, comezando polo número que corresponda no sorteo público que se realizará ás 10:00 h. na conserxaría do Fórum Metropolitano. Unha vez adxudicado o número máximo de participantes a un taller, o resto de peticións formarán parte dunha lista de espera en función da orde do sorteo.

Inscrición: as reservas serán adxudicadas segundo a orde asignada polo sorteo. Será necesario formalizar a inscrición os días 17, 18 e 19 de setembro na conserxaría do Forum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h. As prazas reservadas só poderán ser ocupadas polos agraciados no sorteo. As prazas non ocupadas durante estes días adxudicásense ás persoas en lista de espera.

Lista de espera e prazas vacantes: as persoas en lista de espera terán preferencia en ocupar as prazas non feitas efectivas polas reservas no taller correspondente. O resto de prazas vacantes nos diferentes talleres poderán ser ocupadas polo público en xeral, aínda que xa lle fosen concedidos dous talleres. A partir do 20 de setembro as persoas interesadas en solicitar prazas vacantes nos talleres, poderán facelo na conserxaría do Forum Metropolitano de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h, estas prazas serán adxudicadas por orde de inscrición. A partir do 24 de setembro porémonos en contacto vía telefónica con aquelas persoas que estean en lista de espera e se lles adxudique praza no taller solicitado debido a que non se cubran as prazas adxudicadas por sorteo.

Pago de cotas: Os talleres teñen fixada unha cota. Os maiores de 65 anos abonarán a metade da cota. Ao formalizar a inscrición debe abonarse a cota fixada.

Prezo: 25 € (maiores de 65, 12.50 €).

Inicio dos talleres: a partir do 1 de outubro no día e hora que correspondan a cada taller. Os talleres celebraranse a partir dun mínimo de 10 participantes.

Aberta a convocatoria de talleres de ocio no Centro Ágora

Vén de darse a coñecer a oferta de talleres de ocio para este outono no Centro Ágora. Entre os obradoiros que se ofrecen prosegue o chamado Días de cine:

DÍAS DE CINE
Luns de 19:00 a 20:30 h. Responsable: Martin Pawley
Unha aproximación ao mellor cinema de onte e de hoxe, con especial atención aos autores e xéneros que non chegan ás salas comerciais. Valoraremos, comentaremos e falaremos da programación das salas coruñesas, desde todos os puntos de vista: directores, actores, técnica, etc. Do mesmo xeito, repasaranse as noticias de actualidade e o que sucede nos festivais de cinema máis importantes.


Estes son os prazos e condicións para a inscrición nos obradoiros:

Destinatarios: a oferta diríxese preferentemente ás persoas empadroadas no Concello da Coruña.

Preinscrición: os días 10, 11 e 12 de setembro as persoas interesadas en solicitar reserva de praza para os talleres, poderán solicitalo na conserxaría do ÁGORA de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Cada solicitante poderá anotar até catro talleres na ficha, téndose en conta na adxudicación que se respectará a orde fixada polo solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez se realice o sorteo. Cada solicitante recibirá un número que servirá para poder fixar a orde de preferencia. Adxudicaranse un máximo de dous talleres por persoa excepto no caso de que queden prazas vacantes nalgún taller que se poderán adxudicar até catro.

Sorteo: as solicitudes serán ordenadas a partir do venres 14 de setembro, de forma correlativa, comezando polo número que corresponda no sorteo público que se realizará ás 12:00 horas na conserxaría do ÁGORA. Unha vez adxudicado o número máximo de participantes a un taller, o resto de peticións formarán parte dunha lista de espera en función da orde do sorteo.

Inscrición: as reservas serán adxudicadas segundo a orde asignada polo sorteo. Será necesario formalizar a inscrición os días 17, 18 e 19 de setembro na conserxaría da ÁGORA de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. As prazas reservadas só poderán ser ocupadas polos agraciados no sorteo. As prazas non ocupadas durante estes días adxudicásense ás persoas en lista de espera.

Lista de espera e prazas vacantes: as persoas en lista de espera terán preferencia en ocupar as prazas non feitas efectivas polas reservas no taller correspondente. O resto de prazas vacantes nos diferentes talleres poderán ser ocupadas polo público en xeral, aínda que xa lle fosen concedidos dous talleres. A partir do 20 de setembro as persoas interesadas en solicitar prazas vacantes nos talleres, poderán facelo na conserxaría do ÁGORA de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, estas prazas serán adxudicadas por orde de inscrición. A partir do 24 de setembro porémonos en contacto vía telefónica con aquelas persoas que estean en lista de espera e se lles adxudique praza no taller solicitado debido a que non se cubriran as prazas adxudicadas por sorteo.

Pago de cotas: os talleres teñen fixada unha cota. Os maiores de 65 anos abonarán a metade da cota. Ao formalizar a inscrición debe abonarse a cota fixada.

Prezo: 25 € (maiores de 65, 12.50 €)

Inicio dos talleres: a partir do 1 de outubro no día e hora que correspondan a cada taller. Os talleres celebraranse a partir dun mínimo de 10 participantes.