luns, 30 de xaneiro de 2012

Obradoiro Días de cine no Centro Ágora

DÍAS DE CINE
Luns de 19:00 a 20:30 h, Centro Ágora
Responsable: Martin Pawley
Unha aproximación ao mellor cine de onte e hoxe, con especial atención aos autores e xéneros que non chegan ás salas comerciais. Valoraremos, comentaremos e falaremos da programación das nosas salas, dende todos os puntos de vista: directores, actores, técnica, etc. Repasaremos cada semana as noticias de actualidade e o que sucede nos festivais de cine máis importantes, e daremos conta dos debates que se están producindo agora mesmo no ámbito da produción e distribución cinematográfica.

Procedemento de inscrición e matrícula

Preinscrición
Os días 31 de xaneiro, 1 e 2 de febreiro as persoas interesadas en solicitar reserva de praza para os talleres, poderán solicitalo na conserxeiría do Centro Ágora de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. Cada solicitante poderá anotar até catro talleres na ficha, téndose en conta na adxudicación que se respectará a orde fixada polo solicitante e esta non poderá ser modificada unha vez se realice o sorteo. Cada solicitante recibirá un número que servirá para poder fixar a orde de preferencia. Adxudicaranse un máximo de dous talleres por persoa excepto no caso de que queden prazas vacantes nalgún taller, en que se poderán adxudicar até catro.

Sorteo
As solicitudes serán ordenadas a partir do venres 3 de febreiro, de forma correlativa, comezando polo número que corresponda no sorteo público que se realizará ás 10:00 horas na conserxeiría do Ágora. Unha vez adxudicado o número máximo de participantes a un taller, o resto de peticións formarán parte dunha lista de espera en función da orde do sorteo.

Inscrición
As reservas serán adxudicadas segundo a orde asignada polo sorteo. Será necesario formalizar a inscrición os días 6, 7 ou 8 de febreiro na conserxeiría do Ágora de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas. As prazas reservadas só poderán ser ocupadas polos agraciados no sorteo. As prazas non ocupadas durante estes días adxudicáranse ás persoas en lista de espera.

Lista de espera e prazas vacantes
As persoas en lista de espera terán preferencia en ocupar as prazas non feitas efectivas polas reservas no taller correspondente. O resto de prazas vacantes nos diferentes talleres poderán ser ocupadas polo público en xeral, aínda que xa lle fosen concedidos dous talleres. A partir do 9 de febreiro as persoas interesadas en solicitar prazas vacantes nos talleres, poderán facelo na conserxeiría do Ágora de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, estas prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.

Pagamento de cotas
Os talleres teñen fixada unha cota de 25 euros. Os maiores de 65 anos abonarán a metade da cota (12,50 €). Ao formalizar a inscrición debe abonarse a cota fixada.

Inicio dos talleres
A partir do 13 de febreiro no día e hora que correspondan a cada taller. Os talleres comezarán se hai un mínimo de 10 participantes. Adxudicaranse un máximo de dous talleres por persoa excepto no caso de que queden prazas vacantes nalgún taller que se poderán adxudicar até catro.

sábado, 7 de xaneiro de 2012

Os mellores filmes vistos en 2011: Malu Vázquez



Unha nova listaxe de favoritas: a de Malu Vázquez.

Nostalgia de la luz (Patricio Guzmán, 2010)
Copia Certificada (Abbas Kiarostami, 2010)
El árbol de la vida (Terrence Malick, 2011)
Todos vós sodes capitáns (Oliver Laxe, 2010)
Crebinsky (Enrique Otero, 2010)
La piel que habito (Pedro Almodóvar)

venres, 6 de xaneiro de 2012

Os mellores filmes vistos en 2011: Dolores Suárez



Convidei aos participantes no obradoiro Filmoteca Fórum a que compartan os seus filmes favoritos vistos en 2011. Esta é a listaxe que propón Dolores Suárez:

The tree of life (Terrence Malick, 2011)
Poetry (Lee Chang-Dong, 2010)
Nostalgia de la luz (Patricio Guzmán, 2010)
La piel que habito (Pedro Almodóvar, 2011)
L' Heure d' été (Olivier Assayas, 2008)
Copia certificada (Abbas Kiarostami, 2010)
Les plages d'Agnès (Agnès Varda, 2008)
Todos vós sodes capitáns (Oliver Laxe, 2010)
La Pivellina (Tizza Covi, Rainer Frimmel, 2009)
Rosalinda (Matías Piñeiro, 2011)
Mistérios de Lisboa (Raúl Ruiz, 2010)
Sounds and Silence (Peter Guyer, Norbert Wiedmer, 2009)
Greece-The Seven Black Years (BBC, 1974/75) [pode verse no blog de Adam Curtis]